Dende o curso 2010/2011, a Biblioteca Escolar do CEIP número 1 de Foz, forma parte do "Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia" (PLAMBE).
O PLAMBE é un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivo facer realidade unha rede de Bibliotecas Escolares activa. Cada curso escolar realizase unha convocatoria para incentivar o deseño e posta en marcha de novos proxectos educativos para a organización e dinamización da Biblioteca Escolar, e continuar coa liña de incentivos a aqueles centros xa integrados no programa que están a realizar un traballo coherente e axustado aos compromisos adquiridos.
Os centros incluídos no PLAMBE, reciben orzamentos especiais para a dotación de fondos; ademáis pasan a formar parte dunha lista de correos PLAMBE, a través da que reciben información e asesoramento, comparten materiais e recursos, intercambian opinións, inquietudes e reflexións; reciben unha formación específica.
WEB BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA