Skip to Content

UN PASEO POLA CHINA

O mes pasado o alumnado de 5º de Infantil estivemos de paseo pola China!! Coñecimos a súa bandeira e tamén a Gran Muralla. Sabedes que hai xente que di que se pode ver dende o espazo? Pero non lles fagades caso eh! Que é unha mentira!

Unha das cousas que máis nos gustou foron os Soldados de Terracota, unha pena que xa non existan as armas que levaban na man... Pasámolo xenial coñecendo as súas festas e os seus costumes. Agora xa sabemos que para eles a cor vermella trae sorte (podedes poñer un xersei vermello se tedes exame, que nunca se sabe!).

Seguro que todos vós tendes oído falar dos grandes e coloridos dragóns chineses. Son moi famosos, pero sabiades que nese país son un símbolo da Paz? Aproveitando que o 30 de xaneiro é o Día Escolar da Paz no CEIP de Foz número 1 non só puxemos pombas este ano.

Tamén nos encantaron os papaventos, que son un invento chinés e grazas ao profe Bruno puidemos ver e tocar dous papaventos chineses de verdade. Son espectaculares!

Na China comen moito arroz, pero non usan garfos! Comen con pauciños e cuncos... parécenos un pouco complicado. Alí beben té e Pepu deixounos probalo!

Visitamos as súas grandes cidades e vimos como usan moito a bici para desprazarse coidando o medio ambiente. Tamén coñecimos a Cidade Prohibida!

Nós xa estamos aprendendo a ler e a escribir. As letras chinesas son algo difíciles, pero nós tamén o intentamos!

Fixemos un montón de cousas: bailamos co super disco chino e cantamos ca "chinita" que se perdeu no bosque, limos contos, fixemos murais... buff moitas cousas! E para rematar celebramos o aninovo chinés... Benvidos todos ao ano do porco!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut