Skip to Content

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS

O pasado 31 de maio, os rapaces de sexto de Primaria, representaron a obra de teatro en inglés titulada "Treasure Island". Foi dirixida pola auxiliar de conversa, Emily e pola mestra de inglés, Cruz.

ENLACE Á GALERÍA DE IMAXES.

RECREOS SCRACH

Nestas últimas semanas, disfrutamos de varios recreos "Scrach". Os nosos "Axudantes de Biblioteca" de sexto de Primaria, fixeron de monitores para ensinar a programar con esta aplicación.

No seguinte enlace ao blog da biblioteca podedes ver a actividade:

RECREOS SCRACH

INTERVIEW EMILY

Para despedir á nosa auxiliar de conversa, Emily, o alumnado de sexto de Primaria prepararon na aula de inglés unha entrevista na que lle fixeron unha morea de preguntas.

Unha vez preparada, en colaboración coa radio escolar do centro, gravaron o programa que podedes escoitar no seguinte enlace ao blog da biblioteca:

 

ENTREVISTA A EMILY

PLÁSTICA NA SECCIÓN BILÍNGÜE

No seguinte enlace podedes acceder ao resumo das actividades realizadas nas seccións bilíngües do Centro, correspondentes ás clases de Educación Artística Plástica de 1º e 2º de Primaria

VISITA DOS GARDAS FORESTAIS

O venres 3 de maio visitáronnos uns axentes da Brigada contra incendios. Primeiro proxectaron unhas diapositivas para explicarnos que é un incendio forestal, como evitalo e como actuar ante un.

Tamén nos ensinaron a indumentaria que utilizan os axentes. Trouxeron un coche de bombeiros e deixáronnos usar a mangueira que tiñan na motobomba. Puxémonos perdidos!!

Foi unha experiencia moi interesante.

GALERÍA DE IMAXES, VISITA DOS FORESTAIS

BUSCAMOS NOME PARA A NOSA RADIO

No seguinte enlace podedes ver as bases deste concurso:

 

CONCURSO BUSCAMOS NOME PARA A NOSA RADIO.

LETRAS GALEGAS 2019

No seguinte enlace podedes ver a nosa celebración do Día das Letras Galegas, adicada este ano ao autor Antonio Fraguas Fraguas.

BIBLIOCHICHARRÓN: LETRAS GALEGAS 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado 2 de maio foi o "Día Internacional contra o Acoso Escolar". Nesta ocasión, foron os nenos e nenas de 3º de primaria os que agasallaron a todo o alumnado e profesorado cunha xornada de concienciación sobre este problema.

Podedes ver as actividades no blog da biblioteca.

BIBLIOCHICHARRON: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No DOG do 3 de maio publicouse a Reslución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

PODCAST DA RADIO NA BIBLIO

No mes de abril, estivemos traballando para a gravación de tres programas de radio cos que participamos no "I Concurso de Podcast - Radio na Biblio", convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

No seguinte enlace podedes acceder ao blog da biblio para ver a actividade completa:

PODCAST DA RADIO NA BIBLIO.

Distribuir contido


by Dr. Radut