Skip to Content

BASES CONCURSO LOGOTIPO CEIP DE FOZ Nº1

CONCURSO DE LOGOTIPO CON MOTIVO DO 50º ANIVERSARIO DO CEIP NÚMERO 1 DE FOZ

BASES DO CONCURSO

1.- Obxectivo

Este concurso ten como obxectivo impulsar as capacidades artísticas e creativas que motiven a interación entre o PASADO E O PRESENTE DA ESCOLA, mediante o desexo dun logo conmemorativo.

Este logotipo quedará reservado para uso institucional do colexio pasando a formar parte do mesmo e da súa publicidade, e tamén quedará plamado mediante un gran mosaico nunha parede do edificio para comtemplación dos visitantes.

2.- Tema:

Pretendese que o deseño sexa unha imaxe representativa e característica relacionada co colexio.

Recomendandose que sexa un deseño inédito, sinxelo e orixinal que integre o concepto da ESCOLA A TRAVÉS DO TEMPO.

3.- Dereito a participar:

A participación será de carácter individual e cada concursante poderá presentar ata tres deseños.

Está aberto a calquer persoa, estudante ou profesional, tanto que teña relación co centro como si non.

Quedan excluidos de participar os membros do xurado.

4.- Presentación:

A súa presentación poderá ser en soporte papel ( A3) ou en soporte dixital a través dun CD.

Deberase ter en conta que o LOGOTIPO poderá utilizarse en pequeño e gran tamaño, polo que o deseño debe ser LEXIBLE E CLARO.

O carácter do concurso será anónimo baixo pseudónimo.

Os traballos presentarase nun sobre grande, indicando no exterior do mesmo o PSEUDÓNIMO.

·         Dentro deste virá o traballo en soporte (CD ou papel A3) e unha breve descripción e idea do logotipo.

·         Tamén incluirá in sobre pequeño pechado, que conterá o Pseudónimo e os datos do autor ou autora: nome e apelidos, asi como a forma de contacto.

5.- Técnica:

Será libre, aconsellandose utilizar cores que sexan fáciles de trasladar á escala de grises, polo de traballar con él en blanco e negro.

6.- Prazo de presentación:

Establecese como data límite o día 27 de febreiro do 2014, ata as 14 horas en secretaría do centro.

7.- Premio:

Establecese un único premio conmemorativo do aniversario para o traballo gañador.

Contará co certificado oficial do primeiro premio do concurso,

Constará o seu nome nunha placa conmemorativa ao lado do MOSAICO.

Farase publicidade do mesmo na prensa.

Este logotipo pasará a formar parte do ANAGRAMA do COLEXIO.

O resto dos finalistas recibirán diploma de participación.

Todos os traballos presentados serán expostos no Centro.

O premio non poderá otorgarse de maneira compartida.

8.- Propiedade Intelectual:

O gañador renuncia, sin limitación, a calquer dereito de explotación sobre a imaxe, reservandose para si únicamente os dereitos de autoría.

 

 

9.- O xurado:

O xurado estará formado por sete membros en representación das distintas partes constituintes da Comunidade Escolar e algún especialista en dseseño e na elaboración de mosaicos. Os seus nomes estarán expostos no taboleiro de anuncios do Colexio.

O xurado valorará a creatividade, calidade, orixinalidade asi como o acerto do deseño a hora de captar con elementos visuais elexidos, o espíritu DOS 50 ANOS DA ESCOLA.

O logotipo que teña a maior puntuación do xurado resultará ser o gañador.

O veredito será inapelable e será comunicado o fallo instantes despois da realización das votacións e do levantamento da acta da sesión.

O xurado reservará o dereito a declarar deserto o concurso, se a calidade dos orixinais non é suficiente ou non respetan as bases.

10.- Aceptación das bases:

A participación neste concurso leva consigo de forma implicita a aceptación de todos os artigos que conforman estas bases, asi como, o fallo do xurado.

Nota. Calquer cuestión non prevista nas presentes bases, será resolta polo xurado e comunicada a todos os participantes.

11.- Entrega de premios:

Terá lugar no ACTO DE CLAUSURA do 50 aniversario do colexio e do curso escolar, o día 20 de xuño de 2014, momento en que se procederá a descubrir o LOGOTIPO MOSAICO que pendurará na parede do edificio principal ao lado das bandeiras.

 

 

En Foz, a 28 de xaneiro de 2014

A Comisión organizadora do aniversario,

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut