Skip to Content

VISITA DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLARÍA DO MAR

O pasado xoves dezasete de xuño veu visitarnos Don Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial de Lugo da Consellaría do Mar.

Pasou a facernos unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro de Primaria logo de que por motivos alleos á súa vontade tivese que verse suspendida a viaxe que estaba programada ao angar onde ten a base o helicóptero Pesca Dous.

A pesares de non poder realizar a visita, Don Pablo veu pasar unha mañá con nós a explicarnos todo o que están a traballar en Celeiro. Pasamos unha xornada moi divertida e agasallounos a todos cunha mochila moi bonita e unhas receitas do bonito de Burela e Celeiro.

Moitas grazas por todo.

GALERÍA DE IMAXES



page | by Dr. Radut