Skip to Content

OS 5 SENTIDOS

O longo do mes do outubro na aula de 6º de infantil estivemos a realizar, entre outras cousas, un proxecto sobre os cinco sentidos.

 

Para isto experimentamos cos diferentes sabores probando cousas ricas e outras… non tan ricas! Tamén escoitamos diferentes sons, tocamos materiais variados, ulimos cousas que cheiran ben e outras que apestan! Observámolo todo isto grazas ao sentido da vista.

 

Para gardar todas as nosas experiencias sensoriais fixemos un Lapbook onde ademais relacionamos cada órgano do corpo humano co sentido que lle corresponde.

 

Deixámosvos unhas fotos nas que podedes ver o todo o noso traballo.

 

GALERÍA DE IMAXES

 



page | by Dr. Radut