Skip to Content

VIAXE Ó DESERTO

Durante os meses de novembro e decembro o alumnado de 6º de infantil fixemos unha viaxe o deserto do Sáhara. O Sáhara é un lugar apaixonante do que aprendemos unha morea de cousas: que hai diferentes tipos de desertos, a flora e fauna típica do deserto, o clima e tamén un pouco da vida dos “homes azuis”.

 

Non sabedes quen son os “homes azuis”? Non vaiades a pensar que a súa pel é azul! Son os Tuareg, un pobo que viven no deserto. Aprendemos moito sobre a súa cultura, e os seus rituais, como visten e se alimentan e tamén vimos a artesanía e a escritura, sabiades que non usan letras coma as nosas? Alí empregan uns signos que se chaman Tifinag e agora sabemos poñer o noso nome con eles.

 

Gracias a que as nosas familias colaboraron puidemos probar un té riquísimo e tamén pasteis. Tamén probamos os dátiles, que son uns froitos moi importantes na alimentación dos Tuareg.

 

Fixemos unha visita ás “jaimas”, as vivendas típicas deste pobo nómade. Case, case podemos entrar nelas do ben feitiñas que estaban! Pena que non fosen un pouco mais grandes…

 

Aprendemos moito, ata a poñer o turbante como a xente do deserto, aínda que é un pouco máis difícil que poñer a gorra…

GALERÍA DE IMAXES

 



page | by Dr. Radut