Skip to Content

Circulares

APRENDEMOS EN CASA

Informamos que a CRTVG, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, emitirá de luns a venres pola G2 (entre as 11:00 e as 13:00horas), un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos. A iniciativa busca facilitar un complemento educativo aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino.

Dende o "Ministerio de educación y formación profesional", en colaboración con RTVE, tamén lanzan a iniciativa "Aprendemos en casa" co mesmo obxectivo. A programación neste caso é a seguinte:

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Estimadas familias,

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID - 19) que resulta de interese para os centro educativos.

MATRÍCULA 2020/21

 

 

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No DOG do 3 de maio publicouse a Reslución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

English Week

O Xoves 7 de xuño de 2018, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a convocatoria para a selección de centros docentes para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria.

 

O noso centro solicitará a participación neste programa para o vindeiro curso 2018/2019, sempre que as o familias o soliciten.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut