Skip to Content

Outras actividades

VISITA DOS GARDAS FORESTAIS

O venres 3 de maio visitáronnos uns axentes da Brigada contra incendios. Primeiro proxectaron unhas diapositivas para explicarnos que é un incendio forestal, como evitalo e como actuar ante un.

Tamén nos ensinaron a indumentaria que utilizan os axentes. Trouxeron un coche de bombeiros e deixáronnos usar a mangueira que tiñan na motobomba. Puxémonos perdidos!!

Foi unha experiencia moi interesante.

GALERÍA DE IMAXES, VISITA DOS FORESTAIS

ENTROIDO 2019

 Que ben o pasamos este entroido!!

Nesta ocasión, cada curso preparou disfraces de distintos avances tecnolóxicos. Así tivemos:

- Uns preciosos reloxos de cuco.

- Pintores e pintoras de tódolos tempos.

- Donas e cabaleiros presentando as primeiras lentes!

- Teléfonos antigos, saberiades marcar un número?.

- Músicos e instrumentos de toda a historia da humanidade.

- A locomotora, os vagóns e como no... o seu inventor!

- Qué pasaría se nos quedásemos sen wifi???

- Cántas aplicacións!!!!

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

O pasado luns 11 de febreiro, a ANPA do CEIP de Foz número 1 en colaboración co Centro, organizou a primeira carreira solidaria "Save the Children".

Dende as 11:00 ata as 12:00 da mañá, todo o centro se reuníu na Rúa Salvador de Madariaga para relizar a carreira. Os fondos recaudados por cada corredor serán enviados á ONG.

Grazas a todos pola vosa colaboración.

OBRADOIRO "O NOSO PAN DE CADA DÍA"

O día 4 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria e a súa titora visitaron a panadería Bahía de Foz.

Distribuir contido


by Dr. Radut