Matrícula
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024
Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.
OFERTA VACANTES 23-24
A oferta de prazas para o vindeiro curso escolar 2023/2024 é a que segue. Tede en conta que na táboa aparecen as permanencia (estamos contando o alumnado matriculado este ano no curso inferior), as Vacantes ofertadas e o total de prazas ofertadas.
OFERTA DE PRAZAS VACANTES- CURSO 23-24
CURSOS |
VACANTES OFERTADAS |
LISTADO RESERVA DE PRAZAS- ALUMNADO 6º
Dende o IES Chano Piñeiro infórmannos de que tras finalizar a revisión das solicitudes de reserva de praza para o curso 2023/24 con prazas suficientes para todas as solicitudes, o informe da asignación destas prazas vaise publicar no taboleiro de anuncios deste centro a partir do vindeiro 22 de febreiro de 2023.
RESERVA DE PRAZAS- ALUMNADO 6º
Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA (16 de xaneiro ata o 6 de febreiro 2023) para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso, 2023/2024, pasan a 1º ESO no centro aos que está adscrito o CEIP Nosa Señora das Dores: IES CHANO PIÑEIRO.
Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que se engade ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva. Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.
Debido a situación actual, recomendamos enviar o formulario polo seu fillo/a. Se houbese algún erro dende secretaría contactariamos con vostedes para poder corrixilo.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS
Publicamos o LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.
Informar de que todas as solicitudes que se recibiron no centro foron admitidas e as familias xa foron notificadas vía correo electrónico.