Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

Fondo de Libros (Curso 2019-2020)

Os PRAZOS establecidos para a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar serán os seguintes:
 

Publicación das listaxes provisionais

venres 5 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

mércores 10 de xullo


PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS PARA MATERIAL E FONDO LIBROS

Podes acceder á listaxe definitiva de Fondo Libros para o vindeiro curso no arquivo que se engade a esta noticia ou ben consultala na porta da entrada do colexio, xunto coa relación dos libros de texto para o curso 2019-2020. 

ENTREGA DE VALES

Mércores 10 e xoves 11 de xullo de10.30 a 11.30 e senón a partires do 3 de setembro en horario de 10.00 a 13.30.

---------------------------------------------------------

Normativa de aplicación:ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

PDI: Mergullándonos na biblioteca

Durante este curso 2018/2019 estivemos a traballar a reo. Dende a biblioteca quixemos desenvolver o noso PDI colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes" Mergullándonos na biblioteca".

Partimos da obra de Julio Verne, "20.000 leguas de viaje submarino" para afondar no mar e nos océanos e descubrir un sinfín de información que intentamos presentarlle a toda a comunidad educativa na exposición que celebramos no colexio durante varios días do mes de xuño. 

Para todos aqueles que non vos puidédestes achegar ou ben lle queredes dar un repasiño, deixamos esta wix onde se recollen todos os traballos realizados polos alumnos e mestres dos dous centros. Esta páxina realizouse grazas o bo facer das coordinadoras a teacher María e a profe Rosa de Soutelo.

Agardamos que vos guste.

En Forcarei tamén creamos!

Coa iniciativa "En Forcarei tamén creamos" quixemos que o noso alumnado puxera en valor a nosa lingua, o galego, creando actividades de lecer e empregando as ferramentas tecnolóxicas, mellorando deste xeito as competencias dixitais e lingüísticas, primordiais nestas idades.

Procuramos o compromiso de todos, tan importante na sociedade na que estamos, e como non, a través da participación activa nestes proxectos, queremos que eles se sintan e se convertan en verdadeiro creadores e construtores. 

O resultado de meses de traballo foi a nosa curta " Maruxa". Chegou o momento de compartila con todos vós. Agardamos sexa do voso agrado. 

A maiores engadimos o making off completo, xa que para presentalo na iniciativa de Nós tamén creamos" tivemos que acortar os tempos. 

Repoñemos forzas

Preparando a festa

Distribuir contido

Pais/Nais

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

 

DISTRIBUCIÓN LETE E FROITA FRESCA 21/22
CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario