En Forcarei tamén creamos!
Coa iniciativa "En Forcarei tamén creamos" quixemos que o noso alumnado puxera en valor a nosa lingua, o galego, creando actividades de lecer e empregando as ferramentas tecnolóxicas, mellorando deste xeito as competencias dixitais e lingüísticas, primordiais nestas idades.
Procuramos o compromiso de todos, tan importante na sociedade na que estamos, e como non, a través da participación activa nestes proxectos, queremos que eles se sintan e se convertan en verdadeiro creadores e construtores.
O resultado de meses de traballo foi a nosa curta " Maruxa". Chegou o momento de compartila con todos vós. Agardamos sexa do voso agrado.
A maiores engadimos o making off completo, xa que para presentalo na iniciativa de Nós tamén creamos" tivemos que acortar os tempos.