Skip to Content

 

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 3ºB-"OS DEREITOS DO NENO"

E tralo estupendísimo traballo de pescuda realizado polo grupo de 3ºA, o alumnado de 3ºB non podía ser menos, e aquí vos presentamos o seu programa de aula sobre....

"OS DEREITOS DO NENO"

A verdade que non deixa de sorprendernos o seu bo facer na radio e a confianza nos micros.

Non perdades comba na escoita do seu programa porque imos ver que tan importante é a infancia, porque ela é o noso futuro.

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 3ºA-"O FESTIVAL DE CANS"

Si rapazada!!!! Xa está aquí, xa chegou o....

      FESTIVAL DE CANS!

Bueno, a ver...como maio está a volta da esquina, o alumnado de 3ºA decidiu preparar este marabilloso programa dedicado a este festival veciño, ao que xa renderon homenaxe no Entroido xunto ao grupo de 3ºB.

Veredes que ben preparadiño o teñen e que profundo traballo de investigación fixeron. Trala súa escoita poderedes considerarvos expertos e expertas deste incomparable festival de cine.

Premede na imaxe e tomade nota para non esquecer ningún detalle.

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 3ºEP-B: "AS TRADICIÓNS DO NADAL"

E nestas datas de NADAL non pode faltar un programa especial para que todos e todas vós coñezades a orixe de moitas tradicións destas festas, algunhas delas seguro que descoñecidas por moitos, asi como tamén diferentes formas de festexar estas datas noutras partes da nosa xeografía.

Pois aquí nos achegan este marabilloso programa o grupo de 3ºB, que fixeron un boísimo traballo de investigación e que espero sexa do voso agrado.

Premede na imaxe e aquí vai!

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 3ºEP-A: "O CORREO POSTAL"

Boas a todos e todas!! Un bonito programa que chega ata a redacción da nosa radio é o realizado polo alumnado de 3ºA:

"O CORREO POSTAL"

Tráennos unha chea de cursiosidades que de seguro ningún de vós coñecía, sobre este medio de contar cousas tan entrañable como antigo.

Premede na imaxe e mentras o escoitades, escrbídelle unhas palabras á vosa familia ou amizades desexándolles o mellor para estas festas.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut