Skip to Content

 

CONCURSO: PORTADA DA AXENDA ESCOLAR CURSO 2024-25

 O EQUIPO DE CONVIVENCIA do CEIP MESTRE VALVERDE MAYO  convoca un concurso dirixido a toda a comunidade educativa coa finalidade de elixir a portada da nosa axenda escolar para o curso 24-25.

BASES DO CONCURSO:

 

  • PARTICIPANTES: alumnado e os seus proxenitores ou titores/as legais que cursen a etapa de Educación Primaria no Ceip Mestre Valverde Mayo no curso 24-25.
  • O tamaño do deseño será de 21 cm de alto x 15 cm de ancho (Medio folio).
  • Admitiranse debuxos, fotografías ou composicións dixitais.
  • Podedes incluír as mascotas do colexio, fotografías do centro ou da contorna, frases ou palabras alusivas á defensa da igualdade, da inclusión, en contra da violencia… (Os textos deben estar en galego).
  • No deseño debe aparecer o nome do colexio ben visible e o texto CURSO 24-25.

·        Podedes entregar os vosos deseños no centro a través dos vosos fillos e fillas ou envialos ao correo do colexio ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ata o día 21 de xuño de 2024.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut