Skip to Content

Actividades

Día de Rosalía - 24 Febreiro 2013

Co gallo do Día de Rosalía todos os cursos participamos nunha declamación colectiva dalgúns poemas seus. Aquí tedes o resultado. Pasámolo moi ben e esperamos que vos guste a vos tamén.

MAGOSTO

E, por suposto, coa chegada do outono non podía faltar o Magosto. Neste caso traballamos conxuntamento os Equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Equipo de Dinamización Lingüística para organizar unha tarde de xogos populares e degustación de castañas.
Antes de probalas, organizamos unha serie de xogos tradicionais moitos deles adaptados para que neles os protagonistas foran as castañas e outros froitos típico. Algúns deses xogos foron:

Obradoiro de vídeo nas Letras Galegas 2012

Este é o vídeo que se filmou o ano pasado no colexio dentro do obradoiro de vídeo/teatro que levaron a cabo os alumnos do 2º e 3º ciclo.

Non levou premios, pero os rapaces pasárono moi ben. Noraboa a todos os que participaron!

 

RECEITARIO DE OUTONO

Unha das primeiras actividades que propuxemos dende o EDLG foi a elaboración dun Receitario de Outono. Xa que a castaña é un dos froitos típicos desta estación, propuxémoslle ao noso alumnado que investigaran e buscaran receitas elaboradas con este froito ou con outros propios desta época (noces, améndoas, laranxas, granadas…). O resultado, un magnífico collage de receitas para ser servidas como primeiro ou segundo prato e riquísimas sobremesas. Agora presentámosvos unha selección desas receitas por se vos animades a poñer as mans na masa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut