O luns 16 de maio amenceu con néboa, pero segundo avanzaba o día e viáxabamos cara ó norte, o sol saíu e sorriunos. Non foi fácil chegar a Eumenatura -Villafail, Monfero (www.eumenatura.com)-, lugar lonxano e apartado da civilización, pero pagou a pena, porque ofrecía o que andabamos buscando: aventura e natureza. A mañá fomos dar un paseo por corredoiras do lugar que atravesaban prados e subían e baixaban por laderas empinadas, recorridas por regatos de prata e poboadas por unha gran variedade de árbores e plantas. De caer a rolos teríamos chegado ó río Eume, que corría moi por debaixo de nós. Pero ninguén se descalabrou, aínda que algún sí escorregou e caeu de cu ou meteu un pe no regato. Vimos muiños ben vellos onde hai tempo as familias da zona molían o seu millo.
Xa de volta descansamos e comimos. Bueno, algúns só comeron, porque había unha zona de xogos con materiais deportivos que foron demasiado tentadores. Fútbol, voleibol, tiro de corda, carreiras de sacos, badminton, sillas musicais... todo o mundo xogou o que quiso.
Despóis fomos a unha sala grande onde tiñan un forno para pan antiguo, deses que tes que quentar con brasas primeiro. Repartíronnos cachos de masa de pan e tras moldeala metémola no forno. En media hora tiñamos cada un o noso cachiño de pan.
O día non deu moito máis de sí. Pero chegoulle. Creo que aquela noite todos durmimos coma anxiños.
Para ver todas as fotos podedes premer aquí ou en calquera das fotos.