A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.
Serán beneficiarios:
-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
-O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:
-
Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
-
Estea matriculado en educación especial cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda da unidade familiar)
Presentación de solicitudes e prazo:
-Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material no curso 20/21.
-Presentarán solicitude as familias do alumnado que non presentara a solicitude para material escolar no seu momento.
-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.
-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2018.
-O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de novembro de 2020.