Skip to Content

Como educar en positivo e non morrer no intento

Formación: "Como educar en positivo e non morrer no intento"

 

 

 

Baixo este título, recibimos o mércores 29 de maio unha formación sobre disciplina positiva no noso centro. A charla foi impartida por Mallo Rodríguez, mestra, psicopedagoga e facilitadora de Disciplina Positiva a familias. 

A través dunha dinámica, as familias asistentes puideron debatir acerca dos aspectos positivos e negativos dos distintos estilos de crianza. Igualmente, aprendemos a diferenciar entre normas e límites así como a buscar alternativas aos castigos

Agradecemos a Mallo a súa visita tan produtiva e tamén aos pais asistentes pola súa implicación e participación tan boa. 

Para as familias que non puidéchedes asistir, adxuntamos pdf coa presentación.

AdxuntoTamaño
Formación Mallo Rodríguez.png1.03 MB
Formación 29-5-24-4.png9.42 MB
Formación 29-5-24-8.png12.74 MB
Cómo educar en positivo y no.pdf33.69 MB


blog | by Dr. Radut