Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 23-24

 

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP) para o curso 2023-2024. Pódense consultar as bases da convocatoria aquÍ (DOG).

 

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 22-23 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)
  • ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2021.

 

Documentación a achegar:

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

  • Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro). No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2021 non coincide coa actual, poderá presentarse sentencia xudicial de separación ou divorcio, ou de ser ocaso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo de entrega da documentación remata o 21 de xuño de 2023.

  

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.



page | by Dr. Radut