Skip to Content

Celebramos os 25 anos da profe María na docencia e no cole.

Neste curso cúmprense os 25 anos de docencia da mestra de Ed. Infantil María Fernández. Somos moitos, uns porque foron alumnos seus, outros por ser pais deses alumnos ou compañeiros de profesión, os que nos alegramos nesta celebración. Podedes ver o álbum completo de fotos da ocasión premendo aquí ou en calquera das fotos.

 

Plan Proxecta

Neste curso 16-17 o colexio enteiro participou no Plan Proxecta, no programa de Paisaxe e sustentabilidade. O programa consistía en estudar a xeografía física da nosa comarca, a través de mapas, a súa fauna e flora e a súa actividade económica. Cada curso produciu carteis e debuxos co fruto do seu traballo. Deixámosvos aquí unha mostra deles.

Letras Galegas 2017

O pasado luns 15 de maio celebramos o festival das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares.

Se queredes ver algunhas fotiñas, premede aquí.

ENTROIDO MdF 2017

O venres 24 foi un día grande. O colexio enteiro se disfrazou e saiu ás rúas a celebrar o Entroido.

Podedes ver as fotos aquí.

Ademais, xaímos na TVG. Podédelo ver aquí. Tedes que atopar o minuto 18.

DÍA DA PAZ 2017

O 27 celebramos todos xuntos o Día da Paz. Podedes ver o álbum das fotos premendo aquí.

FESTIVAL DE NADAL 2016

Como todo os anos, o 21 celebramos o noso Festival de Nadal.

Podedes ver o álbum neste vínculo.

 

 

Novos álbumes de fotos, antiguas e recentes, dispoñibles

Excursión 5º-6º a Dombate e Borneiro

Preme aquí para ver as fotos

Excursión as Fragas do Eume (16 maio 2016)

O luns 16 de maio amenceu con néboa, pero segundo avanzaba o día e viáxabamos cara ó norte, o sol saíu e sorriunos. Non foi fácil chegar a Eumenatura -Villafail, Monfero (www.eumenatura.com)-, lugar lonxano e apartado da civilización, pero pagou a pena, porque ofrecía o que andabamos buscando: aventura e natureza. A mañá fomos dar un paseo por corredoiras do lugar que atravesaban prados e subían e baixaban por laderas empinadas, recorridas por regatos de prata e poboadas por unha gran variedade de árbores e plantas. De caer a rolos teríamos chegado ó río Eume, que corría moi por debaixo de nós. Pero ninguén se descalabrou, aínda que algún sí escorregou e caeu de cu ou meteu un pe no regato. Vimos muiños ben vellos onde hai tempo as familias da zona molían o seu millo.

Xa de volta descansamos e comimos. Bueno, algúns só comeron, porque había unha zona de xogos con materiais deportivos que foron demasiado tentadores. Fútbol, voleibol, tiro de corda, carreiras de sacos, badminton, sillas musicais... todo o mundo xogou o que quiso.

Despóis fomos a unha sala grande onde tiñan un forno para pan antiguo, deses que tes que quentar con brasas primeiro. Repartíronnos cachos de masa de pan e tras moldeala metémola no forno. En media hora tiñamos cada un o noso cachiño de pan.

O día non deu moito máis de sí. Pero chegoulle. Creo que aquela noite todos durmimos coma anxiños.

Para ver todas as fotos podedes premer aquí ou en calquera das fotos.

 

Nadal 2015

  O venres 18 de decembro tivo lugar o tradicional festival de Nadal, ao que precederon días de intensa ambientación e preparación. O colexio enteiro vestíra e de Nadal nas dúas semanas anteriores (como exemplo podedes ver como quedou decorada a biblioteca no album de fotos – só tedes que premer en calquera das fotos de abaixo) e ese día todo foi emoción e alegría polo comezo das ben merecidas vacacións despois dun longo trimestre de traballo.

 

  Cada curso preparou unha actuación. Os pequenos, vestidos de vacas (ese é o proxecto que andan a traballar) cantaron a “vaca lechera” e tocaron outra peza con moita gracia. Os de 1º apareceron de duendes e axudaron a Papá Noel a atopar os seus calzons mentres bailaban. Os nenos e nenas de 2º prepararon unha elaborada coreografía. Os de 3º cantaron, e os de 4º bailaron e interpretaron unha peza na flauta. Os de 5º transmitíronnos unha fermosa lección sobre o verdadeiro valor das persoas a través dun divertido teatriño sobre un “talent show”. Os de 6º, ademáis de tocar a flauta, rendiron un sentido e simpático homenaxe a Freddie Mercury ao ritmo da súa propia música.

 

  Despois seguiron a rifa da cesta de Nadal, que non tocou a ningún profesor, e a entrega de premios do concurso de postais de Nadal. Os gañadores foron: Germán (EI), Ainara (2º) e Lucía Valdomar (4º). O festival rematou coa visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que repartiron caramelos xenerosamente. Despois, xa no patio, todos os asistentes foron invitados a un chocolate quentiño.

Aquí tes unhas poucas fotos. Se as queres ver todas, preme aquí ou en calquera das fotos.

 

   
     
     

Samaín 2015

O venres 29 de outubro tivo lugar a máis terrorífica celebración do Samaín que se poida imaxinar. A Biblioteca foi decorada para a ocasión con todo tipo de abominables adornos: arañas, cabazas, monstruillos, morcegos, etc. Ó longo da semán os nenos foron convidados a pasar pola biblioteca para coñecer un surtido de libros que tocan esta temática. O venres os pequenos disfrutaron dunha estupenda sesión de contacontos e despois viron algúns simpáticos vídeos de temática de Samaín e Halloween. Os maiores tamén tiveron sesión de vídeos destes que dan medo (aínda que sin pasarse). Por outra banda, no hall lucía unha fermosa exposición de cabazas artísticamente pintadas ou talladas. Un 10 para a imaxinación dos nenos... e dos pais!

Estas son algunhas das fotos que fixemos, pero si queredes ver todo o álbum, premede aquí ou en calquera das fotos.

     
     

Entroido 2015

 

Desafiando os elementos de chuvia, frío e vento, todo o coexio saiu festexar o Entroido. Sen dúbida é unha das actividades mais alegres do ano, e tamén a mais laboriosa. O tema foi o espacio sideral ou universo, como o queirades chamar. Desfilaron astronáutas pequeniños, guerreros galácticos de 1º e 2º, planetas de 3º e 4º e cohetes espaciais de 5º e 6º. Foi moi divertido e maravilloso poder contar coa axuda e compañía de moitos pais que se uniron a nós.

Fixemos moitas fotos, que podedes velas todas premendo aquí ou en calquera destas:

 
 

Día da Paz 2015

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Fixémolo creando unha árbore de papel na que as follas son as manos de tódolos nenos e nenas do cole. Despois cantamos unha divertida canción: "Todos somos capitáns", de Magín Blanco. Por último, aproveitamos para despedirnos do noso querido Pereira, que ese día se xubilou.

Podedes ver as fotos desa celebración aquí.

 

Festival de Nadal 2014

O último día do trimestre pasado, o venres 19 de Decembro, celebramos o Festival de Nadal. Pasámolo moi ben, e houbo de todo: boa música, bailes, teatro, risas... e por suposto a emoción de ver ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Podedes ver o álbum de fotos aquí ou premendo en calquera das fotos.

Magosto 2014

O pasado luns 10 de Novembro tivo lugar o tradicional Magosto do Colexio. Como noutras ocasións, organizáronse xogos para todos os nenos antes de degustar as castañas. Tamén se entregaron os premios aos ganadores do concurso de cohetes de Educación Infantil. O noso agradecemento ao grupo de nais que axudaron a asalas. Aquí tedes o álbum completo de fotos (tamén podedes premer en calquera foto).

 

Samaín 2014

A finais de Outubro, preparando a festa de Todos os Santos e Difuntos, organizamos un concurso de cabazas. Outros anos fixéramos unha exposición de froitos de outono, pero desta vez deunos por aí. Os alumnos déronnos cabazas! Pero non daban medo. Preme aquí, ou en calquera das fotos, para ver o álbum enteiro.
   

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2014

 

Chegou o final de curso, e para celebralo fomos de excursión. Desta vez non marchamos lonxe, pero marchamos a pé. Os maiores metéronse pola area; os do 1º e 2º ciclos non entraron na praia. O noso destino foi o campo de fútbol do Fisterra. Fíxonos un día espléndido, así que brincamos por alí facendo xogos, partidos e demais, todo o que quixemos. Foi unha gran despedida para os compañeiros de 6º, que para o ano xa empezan a Secundaria. Para ver as fotos preme aquí ou en calquera das fotos.
     
     
     

Día das Letras Galegas 2014

O pasado venres 16 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro. Foi un día espléndido en canto ao tempo, e os nenos e nenas amosaron as súas habilidades artísticas e lingüísticas. Participaron o grupo de baile rexional, o de pandeireta, os de 5 anos tocando os xilófonos, metalófonos e carrillóns, os de 3º cantando, os de 5º e 6º cantando tamén, e os de 4º tocando o himno galego á frauta para rematar o acto. Foi unha celebración entrañable na que disfrutamos tamén da presencia de moitos familiares dos alumnos que nos acompañaron.

Se queres ver o álbum completo preme aquí ou en calquera das fotos.

Antroido 2014

O venres 28 de Febreiro disfrazámonos todos e saímos polas rúas da vila. Foi un día para lucir as galas tan esforzadamente preparadas ao longo de varias semanas.

Se queres ver o álbum de fotos completo preme aquí ou en calquera das fotos.

 

Día da Paz 2014

O xoves 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixémolo cantando unha alegre canción de Juanes, "Paz, paz, paz" e presentando un mural alusivo ao tema no que colaboraron todos os cursos.

Se queres ver o álbum de fotos completo, preme aquí o en calquera das fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut