Skip to Content

Páxina web de 6º

Desde que se suspenderon as clases, Tania, a profe de 6º, ven indicándolles ós seus alumnos o que toca facer a través da súa páxina. A algúns vos resultará familiar porque hai un par de anos, e o ano pasado tamén, a usou como apoio para os de 1º e 2º.

O nome da páxina é "A hora do recreo" e está en https://taquintela.wixsite.com/a-hora-do-recreo

Novo blog da asignatura de Relixión

Temos un novo blog! Canto da de sí o confinamento este, verdade? Esta vez é o de Relixión, destinado a todos os alumnos que teñen esta asignatura. Chámase "Tesoros y perlas" (tesorosyperlas.bolgspot.com) Espero que vos guste.

Recursos lúdicos e educativos para os nenos, especialmente os máis cativos.

 

Como parece que o confinamento vai para largo, temos que botar man de todas as posibilidades.

Aquí tedes moitas ideas e recursos: "Ideas para pasar estos días en casa con niños"

 

Estes son algúns recursos da editorial Santillana cos que poden traballar os máis pequenos, os de Ed. Infantil.

Premendo na imaxe, ou aquí, ábrese unha ventana onde tedes as cinco aplicacións xuntas. Ao premer en cada unha delas aparecen os formatos a escoller: PC (Windows, Mac ou Linux) ou tablet/móbil (Android ou iOS). Para descargar a aplicación que sexa fai falta un nome de usuario e un contrasinal que tedes que solicitar a mestra correspondente. No caso da clase de 4 anos podedes facelo a través do correo de Bea: loureironeira@edu.xunta.es

 

E para tomar conciencia ó mesmo tempo que nos animamos, podemos colorear o seguinte debuxo (preme nel para que se abra o pdf) e poñelo na ventana da casa ou na porta:

 

 

Nova páxina web do Departamento de Orientación

Novo blog de PT (Pedagoxía Terapéutica)

Temos un novo blog de PT onde podedes atopar recursos de apoio á aprendizaxe. Inclúe fichas, contos, orientacións lúdicas para todas as idades, etc. Cada día engádense novos contidos.

Pódese acceder ó blog a través da nova páxina web do Departamento de Orientación ou directamente facendo clic aquí:

mariaulapt.blogspot.com

Entroido 2020

As grandes festas do Entroido chegaron a Fisterra e ó noso colexio, como non. Este ano tivemos como tema a música. O venres 21 de febreiro saímos polas rúas acompañados de moitísimos pais e nais, e espallamos polo pobo enteiro a nosa gracia e alegría. Aquí tendes algunhas fotos.

5º e 6º celebran o 25N, Día contra a violencia de xénero

Aquí tedes as fotos dese día.

Magosto e Samaín 2019

O pasado mércores 30 de outubro á tarde celebramos o nosa festa de Samaín. Aquí tedes unhas fotiñas do Magosto e aquí unhas unhas poucas máis do Samaín.

Actividades do curso 2018-2019

Fin de curso MdF 2018

 

 

 

Día da bici MdF 2018

O día da bici deste ano retrasouse un pouco polo tempo, que regalounos agua de mais. Pero escollimos o día, e o tempo respetou o noso paseo, seica pasamos calor! Os mais pequenos foron en autobús ata O Trebón e de alí foron en bici os que a tiñan, e os demáis a pé. E o mesmo cos maiores, pero desde o cole. Xa na Serra tivemos un refrixerio de queixo e zume no pinar. Descansamos e fixémonos a foto oficial de curso. De volta todos, os da bici e os que camiñaron, estábamos ben cansados. Un éxito total!

Queres ver todas as fotos? Preme en calquera destas que deixamos abaixo ou aquí.

Letras Galegas MdF 2018

 

O Días das Letras Galegas está adicado este ano a María Victoria Moreno Márquez. A nosa celebración foi sinxela, pero como de costume, entretida e interesante. Houbo poemas de XXX declamados por Suso Bahamonde. Os de Infantil declamaron en partes e despois cantaron a cnación "O tren" de Andrés do Barro. Os de 1º e 2º cantaron e escenificaron "Paco Papán". Os de 3º tamén cantaron e representaron "O ghato metido nun saco". 4º fixo "Teño un amor en Rianxo". Os de 5º, "Préndeme o boi", e os de 6º, "Rosiña da quinta".

Aquí tedes todas as fotos. Tamén podedes premer en calquera das fotos.

   

Entroido MdF 2018

Hoxe saímos como todos os anos a desfilar polas rúas da vila. O tempo deunos tregua, inda que un poco escasa. Xa de volta comezou a orballar e algúns dos disfraces de cartón comenzaron a fundirse. Pero así e todo pasámolo en grande. Moito traballo previo, como é natural, pero pagou a pena. Apenas saíamos das festas de Nadal cando xa empezamos co trasiego dos disfraces. O tema, os transportes. Educación Infantil, de camións de bombeiros; 1º e 2º, de submarinos amarelos; 3º e 4º, de trens, o tradicional e o de alta velocidade; e os de 5º e 6º, de avións de todo tipo: militares, hidroavións contraincendios, de pasaxeiros, etc. Non saímos na TVG coma o ano pasado, pero pouco importa. Foi todo un éxito. Noraboa a todos polo esforzo e o disfrute, de nenos e maiores. 

Para ver todas as fotos -e son moitas- preme aquí ou en calquera das fotos.

 
 

Día da Paz 2018

 Como cada ano, este martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Cada clase preparou pombiñas de papel para decorar o cole e mais un debuxo, o mesmo para todos os da clase, que tiñan que colorear para pegar despois no mural conxunto. Os de Infantil fixeron beizos encarnados listos para bicar; 1º e 2º, o símbolo da paz; 3º e 4º, beizos tamén, pero verdes e azuis; e os de 5º e 6º, unha man azul cos dedos facendo a "V" de victoria. Despois cantamos todos xuntos "Un beso redondo" de Conchita, que ten unha letra moi bonita e é ben marchosa.

Aquí tedes algunhas fotos, pero si queredes ver o álbum enteiro, premede aquí ou en calquera das fotos.

Festival de Nadal 2017

Que intensidade a do Festival de Nadal deste ano! Como sempre, cada quen puso o mellor de sí e quedou ben lucido. Os de Infantil bailáronnos a canción do corpo. 1º e 2º cantaron "La vida es bella" e puxeron unha obriña de ratos que tiñan que poñerlle o cascabel ó gato. 3º cantou e bailou "O mellor regalo es ti". 4º tamén interpretou un tema do tempo: "Nosa canción de Nadal". 5º bailou e cantou "Knocking around the Christmas tree" primeiro, e despois "Shape of you". Os de 6º fixeron un concurso de talentos no que descubrimos que algúns dos nenos teñen aunténticas dotes para o espectáculo. Tamén animaron aos pequeniños cantando unha canción de xestos.

Despois chegou a tradicional entrega de premios do concurso de postais de Nadal, e rematamos coa visita das suas maxestades de Oriente.

Podedes ver o álbum de fotos da ocasión premendo aquí ou en calquera das fotos de mostra que vos deixamos.

5º e 6º visitan a Policía Nacional na Coruña

O luns 18 de decembro os alumnos de 5º e 6º fixeron unha saída a Coruña para visitar as dependecias da Comisaría Nacional de Policía. As instalación non son só oficinas, tamén contan cun museo que "enganchou" ós nenos con mostras de vehículos, armamento, un laboratorio forense ou a escea dun crimen real (reproducido alí). Aquí tedes algunhas fotos (premede en calquera delas se queredes ver o álbum completo).

Cine prenavideño: "Coco"

Onte, luns 4 de decembro, todo o colexio fomos ó cine en Cee. Fomos ver "Coco", unha historia chea de boa música e ambientada no día dos mortos en México, que resalta os valores familiares, de lealtade e de amistade. Todos, incluso os mais pequenos, a disfrutaron e non poucos chegaron a botar unha lagrimilla de emoción. Disney Pictures sabe realmente como sacar as nosas emocións a flor de pel. Aquí tedes as fotos (premede en calquera delas se queredes ver o álbum completo)

Magosto 2017

Como ía faltar o noso magosto anual! Fíxose esperar un pouco, pero o luns 13 chegou por fin. Aquí tedes as fotos (premede en calquera delas para ir ó álbum).

Samaín 2017

Como de costume, celebramos o Samaín con gran festa. Foi o martes 31 de outubro. Despóis de preparar terroríficas golosinas de Halloween, e disfrazados todos os que quixeron (que foron moitos), cada curso foi mostrando as súas habilidades musicais ou narrativas nunha pequena función. Despois comimos as chuches. Aquí (ou premendo en calquera das fotos) podedes ver o álbum completo.

FIN DE CURSO

O xoves 22 despedímonos do curso cunha saída ao campo de fútbol do Fisterra onde fixemos moitos xogos. Pasámolo moi ben. Foi moi divertido. Aquí vos deixamos algunhas fotos:

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut