Skip to Content

Día contra a violencia de xénero

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

Serán beneficiarios:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

-O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:

  1. Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  2. Estea matriculado en educación especial cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda da unidade familiar)

 

Presentación de solicitudes e prazo:

-Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material no curso 20/21.

-Presentarán solicitude as familias do alumnado que non presentara a solicitude para material escolar no seu momento.

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2018.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de novembro de 2020.

O Conto de Samaín 2020

 

PLANS DE ACOLLIDA E ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Presentamos o Plan de acollida para este curso 2020-2021. Este documento, entregado nas reunións cos profesores  antes de empezar as clases, é un resumen dos aspectos prácticos que as familias deben coñecer para o funcionamento do día a día do colexio.

 

Tamén presentamos o Plan de Adaptación á situación COVID-19 de CEIP "Mar de Fóra" no curso 2020-2021, así como os seus anexos. Este é un documento moito mais completo no que se plasma a aplicación no noso centro das instruccións da Consellería de Educación respecto á pandemia.

Como ben sabedes o curso está cheo de novidades que todos temos que ir asumindo. Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

Recollida de axudas para libros e material

A continuación exponse o horario para recoller as axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º EP) e de material escolar (1º - 6º EP).

Luns 29

1º EP: 10:00 - 11:00

2º EP: 11:00 - 12:00

3º EP: 12:00 - 13:00

Martes 30

4º EP: 10:00 - 11:00

5º EP: 11:00 - 12:00

6º EP: 12:00 - 13:00

 

Recorden manter a distancia de seguridade e facer uso das máscaras de protección.

 

En relación ao sistema de préstamo do fondo libros, exporase no taboleiro do colexio o número de libros aos que terá dereito cada alumno/a. Máis adiante, nas listaxes definitivas, especificarase que libros recibe do fondo e cales se terán que mercar. 

 

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2020/21

Adxúntaxe a listaxe dos libros para o curso 2020/21. Quedan pendentes de elección os libros de relixión católica para Educación Infantil que se exporán en canto se saiba.

Listaxe libros 2020/21

Proxecto Deportivo de Centro. Xogos e actividades.

Premede nos enlaces para ver as nosas fotos e vídeos en plena acción.

 

Xogos do Magosto.

Campo a través.

Pista de xeo.

O Mar na Escola (vela).

 

P.D.C Retos e actividade física no 3º trimestre.

 

Preme no enlace ou na imaxe para ver todas as fotos e vídeos.

Fotos e vídeos dos nosos retos e actividades físicas.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS CURSO 2020/21

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos/as para o curso 2020/21.

Listaxes definitivas 2020/21

Tódolos solicitantes figuran como admitidos/as.

 

Educación Física.

 

Moi boas!!

Dende Educación Física, propóñovos que mandedes unha foto ou vídeo curto facendo a actividade física ou deporte que máis vos guste. Elaborarase un recopilatorio de todas elas para colgar na web do cole e vos poidades ver en plena acción. Agardo a vosa colaboración.

A dirección de envío é: efmardefora@gmail.com

 

Un saúdo.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2020/21

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as para o curso 2020/21.

Listaxes provisionais 2020/21

Tódolos solicitantes figuran como admitidos.

O prazo de reclamación é de 3 días hábiles. Despois deste período publicarase a listaxe definitiva.

AXUDAS PARA MATERIAL E FONDO DE LIBROS

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO FONDO DE LIBROS E NAS AXUDAS TANTO DE MATERIAL COMA DE LIBROS.

Preme nos seguintes enlaces para obter máis información:

Solicitude:

Debido as circunstancias actuais producidas polo COVID-19, a entrega da documentación farase a partir do 1 de xuño da seguinte maneira:

Horario: de 11:00 a 12:00 h

Luns: alumnado que promocione a 1º e 2º de E.P.
Martes: alumnado que promocione a 3º e 4º de E.P.
Mércores: alumnado que promocione a 5º de E.P.
Xoves: alumnado que promocione a 6º de E.P.

O alumando que promociona a E.S.O. deberán facelos trámites no instituto de destino.

 

Recordade que o uso da mascarilla en espazos públicos é obrigatorio. Rogamos se respecte en todo momento a distancia de seguridade.

LETRAS GALEGAS 2020

NON CHO PERDAS!

Pincha no enlace ou na imaxe e accede ao novo blog das Letras Galegas recén elaborado para ti.

Celebra as Letras Galegas. Celebra a túa lingua e cultura.

 

https://letrasgalegas-ceipmardefora.blogspot.com/

 

Reto musical

Xogo de retos de Educación Física

Dende Educación Física propóñovos unha serie de retos semanais para que os fagades na vosa cosa. Incidimos na importancia da actividade física, unha boa alimentación e descanso.

Cada curso terá tres retos semanais que iredes practicando, non vos preocupedes se non vos sae a primeira, con esforzo e gañas conseguiredes todos os retos que se propoñen.

No seguinte documento aparecen os retos e a información para facelos, anímovos a practicalos e a mandalos ao correo efmardefora@gmail.com para que así vexamos como o estades a facer.

ÁNIMO A TODOS E TODAS!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Web de Audión y Lenguaje

Aportamos esta páxina como un recurso valioso para as necesidades de Audición e Linguaxe.

E dentro dela, recomendamos as seccións de xogos e Educación Infantil:

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/tag/juegos/

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/tag/educacion-infantil/

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 15 do mesmo mes ambos incluidos.

O horario de recollida e entrega de documentación será de 10:00 a 13:00h.

Educación Física: MÓVETE CONNOSCO NA CASA

Ainda que xa podemos saír das casas un pouco, sempre cumprindo as normas, non ven mal esta iniciativa da Consellería de Educación para exercitarnos no fogar. Fai clic na foto ou no enlace.

http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

Xogos musicais para os máis pequenos

O profe Mateo pásanos estas páxinas web onde atoparemos xogos musicais, unha forma divertida de educar o oído e aprender música.

Para os máis pequenos, os de Infantil: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos

Para os de 3º e 4º: https://aprendomusica.com 

Distribuir contido


by Dr. Radut