Skip to Content

Plans de Acollida e Adaptación 21-22

Benvidos a todos!

Igual que o ano pasado, deixámosvos algunhas indicacións en dous documentos. Pedímosvos que lle botedes un ollo ó primeiro, o Plan de Acollida. O segundo, o Plan de Adaptación é máis técnico e detallado.

Na última páxina do Plan de Acollida tedes o calendario para todo o curso. Ainda está por confirmar unha data non lectiva.

    

BENVIDOS AO COLE - CURSO 21-22

BENVIDOS AO COLE

CURSO 2021-22

Esperámosvos o xoves 9 ás 9 da mañá

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO - curso 2021-2022

Este é o listado de libros para o curso 2021-2022. 

Recordamos que nos próximos días sairá o listado do préstamo de libros para os cursos 3º, 4º e 6º. 5º non ten libros debido a implantación do programa EDIXGAL.

ORLA DE 6º

Pincha na imaxe para abrir o álbum das fotos de 6º.

VIDEO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º

Rematamos Infantil

Revista "O Faro" 20/21

Un conto entre todos

UN CONTO ENTRE TODOS

7 xuño 2021. OBRADOIRO PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE SEXUAL (28 de xuño)

O pasado luns, día 7, levouse a cabo o "Obradoiro para a conmemoración do Día Mundial da Diversidade Sexual". Unha traballadora social enviada polo Concello, traballou o tema con cada curso de Primaria a través dos contos "Vivan as uñas de cores" e "A peluca de Luca" e unha reflexión en común. Froito da reflexión elaborouse un mural na cara interior do peche no patio dos pequenos, xusto onde a rampa de acceso ao centro.

Aquí tedes o resultado final, pero premede aquí para ver o álbum completo das fotos da actividade.

 

Os rapaces aprenderon e divertíronse moito. Os grafitis non sempre están ben vistos, pero desta vez foron o medio para celebrar e expresar algo ben importante.

Esta actividade foi promovida dende o Concello dentro da campaña "Liberdade de Ser e Sentir", promovida a súa vez pola Deputación da Coruña. 'Podedes atopar mais información sobre a campaña na web do concello (https://concellofisterra.gal/portal_cidadan/noticia/gl/895/n) ou no facebook do concello (https://www.facebook.com/concellodefisterra).

23 de abril: Día do Libro - Concurso de marcapáxinas.

Co gallo do Día do Libro, o pasado 23 de abril, celebrouse un concurso de marcapáxinas no que participaron todos os alumnos do colexio. Os gañadores de cada curso levaron un agasallo para casa. Aquí os temos pousando para a cámara (podedes ver as fotos en grande aquí): 

3 anos: Chloe

4 anos: Lola

5 anos: Dylan

1º: Carla V.

2º: Neo

3º: Noa

4º: Alex

5º: Marta

6º: Lucía

Pediatras e matronas xa!!

XORNADA ÚNICA

 

CENSO

Para poder participar na votación da Xornada Única é imprescindible aparecer no censo de pais/nais/titores legais cos datos correctos (nome e DNI). O censo será exposto no taboleiro de anuncios (patio) a partir do día 6 de abril. Por mor da normativa de protección de datos, os DNIs non aparecerán completos.

Do 12 ao 16 poderanse presentar reclamacións na dirección do centro no caso de que os datos non sexan correctos.

MESA ELECTORAL

Para levar a cabo a votación formarase unha mesa electoral composta pola dirección do centro e dous pais/nais/titores legais designados por sorteo público.

O sorteo terá lugar o martes 13 ás 10:00 na biblioteca e os pais/nais/titores legais designados serán informados ao longo da mañá para confirmar a súa disponibilidade. A designación supón a presenza ao longo de toda a xornada electoral, é dicir, de 8:45 a 19:00.

En previsión de posibles ausencias, tamén se designarán suplentes.

Plan de convivencia

 

Día da Paz e a Non Violencia

Día da Paz (6º)

Co gallo do Día da Paz (31 de xaneiro), presentamos un par de traballos feitos por alumnos de 6º.

CONCURSO POSTAIS 2020

Un ano máis realizamos o concurso de postais de Nadal.

Este ano a presentación será en formato dixital.

Preséntanse as postais finalistas.

 

E as dúas gañadoras na categoria de infantil e primaria son para...

CONCURSO POSTAIS 2020

I CONCURSO DE BELENES DOMÉSTICOS "MAR DE FÓRA" - actualización

Para ver las participaciones y los premiados, pincha aquí:

 Hola chicos y chicas. Desde el Departamento de Religión, y con el fin de vivir más intensamente la Navidad, recuperando una tradición tan nuestra como la de los belenes, convocamos a todos los alumnos y familias, no sólo los que cursan la asignatura de Religión, a participar en el I CONCURSO DE BELENES DOMÉSTICOS "MAR DE FÓRA". Es una actividad voluntaria y lúdica, por supuesto.

Las fotos y vídeos deben enviarse a la dirección ceipmardefora@gmail.com, con el "asunto": "Concurso belenes: Nombre Apellido" (del alumno) antes del martes 15 de diciembre.

Podéis ver las bases completas del concurso aquí.

Plan de ensino virtual

Plan de ensino virtual e horarios espello.

Plan de continxencia

Plan de continxencia actualizado.

Distribuir contido


by Dr. Radut