Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E LISTA DE LIBROS 2022/23

Infórmase que xa está exposto no taboloreiro do centro a listaxe definitiva de admitidos na participación de fondo libros, onde se especifican os libros que se recibe do fondo e os que hai que mercar.

 

Adxúntase ademais a lista de libros de infantil e primaria para o curso 2022/23.

O FARO 2021/22

PREME NA IMAXE PARA VER A REVISTA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

INFÓRMASE QUE:

- Xa están publicadas, no taboleiro do colexio, as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario. (3º e 4º de EP). Prazo de reclamación: 2 días.

 

- Pódense recoller os cheques de axudas para adquirir libros de texto e material escolar (De 1º a 6ºEP) en horario de 10:00-12:00.

 

      Por outra banda, tamén están expostos no taboleiro do centro, a listaxe de libros para o vindeiro curso. Aqueles nenos/as que pasen para 3º e 4º de EP deberán esperar ás listaxes definitivas para mercar os libros necesarios.

COLABORACIÓN CON SAVE THE CHILDREN

Este ano, coa actividade dos marcapáxinas solidarios conseguimos recadar 833,14€!!! que irán destinados a mellorar a calidade de vida de moitos nenos e nenas e tamén a loitar para que todos/as podan gozar dos mesmos dereitos.

Grazas a tod@s!!!

 

 

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E NAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

DATA LÍMITE PARA ENTREGAR SOLICITUDE: 22 de xuño.

DATA LÍMITE PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS: 22 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

No caso de que a situación familiar, a día 31 de decembro de 2020 non coincida coa reflectida no libro de familia, terá que presentar:

  • Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador da custodia.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Preferiblemente por vía electrónica a través de fondolibros ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente no centro (A ser posible, a solicitude traerase impresa e cuberta da casa, xunto coa documentación solicitada), no seguinte horario:

            - Luns: 9:50-10:40
            - Mércores: 10:40 - 11:30
            - Venres: 13:10 - 14:00

 

Preme nos seguintes enlaces para obter máis información:

 

O alumando que promociona a E.S.O. deberán facelos trámites no instituto de destino.

CONVOCATORIA BOLSAS NEAE

 

O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Neste enlace pódese acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.

Poderán solicitarse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

      As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espectro autista e altas capacidades.

     As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo , imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.

ADMISIÓN ALUMNADO

Quedan publicadas as listaxes definitivas para a admisión do alumnado para o curso 2022/2023 no taboleiro que hai dentro do recinto escolar. Lembrámoslle que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

AUTOESTIMA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 Vídeo promocional

 

 

PRAZO: 1-21 marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •  Anexo II:ED550B (poden coller e entregar o formulario na secretaría do centro ou facer o trámite a través da aplicación «admisiónalumando»)
  •  Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
    (copia libro de familia)
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, agás en caso de divorcio ou separación, na que se require a sinatura dos dous titulares (excepto que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.)

 

COMO ESTIMULAR A LINGUAXE DO NOSO NENO OU NENA

Concurso de postais de Nadal 2021

E os premiados desta edición son...

Na categoría de Infantil:    Elsa (5 anos)

Na categoría de Primaria:  Álex (5º)

 

 

 

VÍDEO-CONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Como cada ano, agás o ano pasado por mor da pandemia, os nenos de Educación Infantil visitaron a aula do CeMIT, onda a biblioteca municipal, para conectar por vídeoconferencia nada menos que con Papá Noel e contarlle a súa ilusión para este Nadal. El escoitoulles moi atento e esperemos que se porte como toca... Ahí van unhas fotiños. Facede clic en calquera delas ou aquí.

211203 Día internacional das persoas con discapacidade

Cada 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O colexio quiso unirse a esta conmemoración tan necesaria. Por iso, ademais das actividades realizadas dende as respectivas aulas, o Departamento de Orientación e o mestre especialista en Educación Física, desenvolveron uns Talleres de Sensibilización, dirixidos a todo o alumnado do centro durante esa semana, co obxectivo de sensibilizar, concienciar e promover valores como o respecto caras as diferenzas e a igualdade.

“As diferenzas enriquécennos e o respecto únenos”


Para ver as fotos preme aquí ou en calquera das que ves abaixo.

      

Xincana pola Igualdade

O pasado luns 22 de novembro, os nenos e nenas de todolos cursos de Primaria participaron en Xincanas pola Igualdade. A actividade foi no colexio mesmo. O Concello enviou a uns rapaces que organizaron uns xogos moi entretidos e con mensaxe de igualdade entre homes e mulleres. A actividade deu para debatir e reflectir sobre o tema.

Fixemos bastantes fotos, e están todas aquí.

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

        Mediante a presente, faise saber que despois das eleccións ao Consello Escolar que tiveron lugar o pasado martes 23 de novembro, os candidatos elixidos para cada sector foron os seguintes:

REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS:

  • Alicia Insua Ruibo
  • Vanessa Viquendi Fernández

REPRESENTANTE DE NAIS E PAIS PROPOSTO POLA ANPA:

  • Belén Azpilicueta Guembe

REPRESENTANTES DE PROFESORADO:

  • Alicia López Lago
  • Jacobo Trillo Prado

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  • Irene Castiñeira Blanco

REPRESENTANTE DO CONCELLO

  • Teresa Fernández Martínez

 

Ante esta disposición cabe reclamación ante Xefatura Territorial durante 15 días.

6º Educación Infantil (5 anos): OBRADOIRO DE DIFUSIÓN DA CULTURA MARIÑEIRA GALEGA NO MAR CO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

OBRADOIRO DE DIFUSIÓN DA CULTURA MARIÑEIRA GALEGA NO MAR CO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O xoves 18 os nenos da clase de 5 anos de Educación Infantil disfrutaron deste obradoiro, levado a cabo pola Consellería de Educación. Nel os nenos fixeron origami e aprenderon algunhas cousas da nosa cultura mariñeira. Aquí queda o cartaz e algunhas fotos da actividade.

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

             Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Alicia Insua Ruibo

2.- Vanessa Viquendi Fernández

            Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.

            Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o martes 23 de novembro de 16:15h a 18:00h.

            Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Estimadas familias:

Comunícolles saíu publicada no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/2022.

Non terán que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (Exercicio fiscal ano 2019).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a, do 15 ao 26 de novembro de 2021. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude unha copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

INSTRUCIÓNS E CALENDARIO DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Adxúntanse as instrucións e calendario sobre a renovación do Consello Escolar.

Para presentarse como candidato/a deberase cubrir o seguinte modelo e entregar na secretaría do centro. Preferiblemente a través do correo electrónico ceip.mar.fora@edu.xunta.gal

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor/a.

- Un pai/nai ou titor legal.

- Un representante de persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27, mércores, ás 11:30 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut