Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

CÓDIGO 3R

PROXECTO ANUAL DO CENTRO , CÓDIGO 3R: PROXECTO RECÍCLATE CON SOGAMA

Este ano o noso centro vai a participar en dous Programas do Plan Proxecta. Un deles e o de Meteoescolas, e o outro é o Programa Recíclate con Sogama que no noso centro leva o título: CÓDIGO 3R, pois ímonos centrar precisamente nestes tres puntos fundamentáis para Reducir a cantidade de lixo que xeramos na nosa comunidade galega, pois cremos que é un punto de orixe fundamental para iniciarnos nas actitudes cotiás que nos levaran a un cada vez maior Coidado e Respecto do Medioambiente como individuos activos, é dicir, dende a práctica, que iniciaremos na escola e coa  que pretendemos que se extenda ás casas estas actitudes, ao barrio e de aí  en diante. O que obxectivo principal é concienciar ao alumnado do centro da necesidade de clasificar o lixo no seu colector correspondente para permitir que sexa reciclado convintemente en Sogama posteriornmente. Ademais procuraremos traballar as tres R na propia escola: Reutilizar, Reciclar e Reducir os materiais de refugallo, o lixo. 

Esta é a xustificación do noso proxecto: 

Con este proxecto pretendemos, por una banda, dar un carácter máis sistemático e de continuidade ás diversas actividades de clasificación de certo tipo de lixo que xa estabamos a facer na nosa escola, dotándoas, ademais, do asesoramento e marerial adecuado: recoller os residuos orgánicos para a elaboración de compós no composteiro recibido de Sogama no curso pasado para a súa utilización no noso horto escolar, xuntar o papel de aluminio das merendas para a súa posterior reciclaxe, clasificar outros residuos para a súa posterior reutilización ou adecuada eliminación como é o caso das pilas usadas e os cartuchos de tinta das impresoras, xuntar os tapóns de calquera tipo de garrafas para seren preparados para a súa reutilización e depositar  os restos de papel e cartón para a súa posterior reciclaxe nas  papeleiras específicas coas que xa contamos na escola dende hai varios anos. 

Por outra banda queremos ampliar a nosa clasificación do lixo, decisión que xa tiñamos tomada no claustro antes de achegarnos a este proxecto con Sogama, creando colectores para a recollida de envases, moi abundantes nas merendas, e vidro, aínda que neste caso o seu uso na escola estea menos extendido.

Con este proxecto queremos, sobre todo, afondar na concienciación do noso alumnado sobre a importancia de reducir o consumo de determinados materiáis reutilizando aqueles que aínda poidan alongar a súa “vida útil” adoitando quizáis una nova función, escollendo aqueles produtos que produzan menos residuos e clasificando estes residuos para a súa posterior reciclaxe cando sexa posíbel. Induciremos así a formación de actitudes máis ecolóxicas e de consumo máis responsábel.

Distribuir contido


by Dr. Radut