Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Plan Proxecta

Expo Meteoro

EXPO METEORO

 

Estación Meteorolóxica

Estación Meteorolóxica

 

Vídeo O tempo no Masdías día a día

O Tempo no Masdías día a día...

 

 

O Tempo no Masdías día a día e colgado na páxina web do CEIP Manuel Masdías.

Panel de quendas e exposición pública dos informes.

Panel de quendas e Exposición pública dos informes de datos recollidos diariamente.

 

Introdución de datos na páxina web de MeteoGalicia

Introdución dos datos recollidos na páxina web de MeteoGalicia.

 

Misión Os detectives do clima

O comezo da misión

OS DETECTIVES DO CLIMA

 

Clase de Infantil realizaron análises do ceo

@s nen@s de Infantil facendo análises de cómo está cuberto o ceo cada día.

 

O CONCELLO CONCEDEUNOS A SUBVENCIÓN PARA INCIAR NO CURSO 2013-2014 O PROGRAMA DE RECICLAXE DE ACEITE: OLICLAK

Dende o comezo do proxecto Código 3R tiñamos a intención de incluir dentro das nosas actividades ecolóxicas a reciclaxe do aceite usado do noso barrio de Caranza. Esta actividade requeriría, por unha banda, a colaboración do concello para a merca do material necesario para esta labor: os botes chamados Clakis, onde se introduce o aceite usado colado; as bolsas de tela onde se meten estes recipientes para facer a actividade máis hixiénica; o colector para os clakis cheos e o expositor cos Clakis limpos e listos para volver a usarse. E tamén require unha posterior colaboración das familias porque é nas casas onde se xenera este residuo. Solicitamos ao concello de Ferrol esta colaboración e xa temos a resposta afirmativa por parte deles, pero chegou neste més de maio, polo que comezaremos o proxecto o vindeiro curso.

CONCURSO DE DEBUXOS PARA PORTADAS DA REVISTA DA NOSA ESCOLA A BUXAINA.

 Todos os anos publicamos na escola unha revista coas novas máis importantes do curso escolar. A portada da revista é o debuxo máis votado polo alumnado dentre todos os debuxos feitos por cada neno/a da escola. E na contraportada están os catro seguintes con máis votos. Os debuxos son de temática libre, pero moitos dos debuxos presentados polos alumnos e alumnas tiñan que ver con este proxecto Código 3R. Premendo aquíaccededes ao album con estes debuxos ecolóxicos.


2º CICLO DE PRIMARIA: MURAL DE NOVAS DOS XORNAIS SOBRE BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS E CONTAMINACIÓN

 Durante a hora de lectura dos xoves e venres os nenos e nenas de 3º e 4º adicámonos a buscar artigos nos xornais sobre todo o que teña que ver coa ecoloxía, o medioambiente, a contaminación, a reciclaxe, ... Logo reflexionamos sobre elas, coméntámolas e colocámolas no mural que está na entrada da escola para o resto dos compañeiros e compañeiras as lean. 

Gustaríanos poder continuar con esta actividade, pero, debido á crise, os xornais xa non chegan gratuítamente á escola, así que, dende hai uns meses non podemos facer esta interesante actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut