Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Curso 2012-2013

FIN DE CURSO

 

SOMOS MASDÍAS!!!!


 

Despedímonos ata setembro

despois dun curso inesquecible.

3º PREMIO no Proxecto Recíclate con Sogama

CÓDIGO 3 R

3º PREMIO no Proxecto de Meteoescolas

Os detectives do Clima

e o mellor de todo

COMPARTIR ESTE TEMPO XUNTOS!!!!!

 

 

Letras Galegas

 

O pasado mércores celebramos

"Día das Letras Galegas"

 

 

HORTO ESCOLAR

O noso horto escolar no Diario de Ferrol.

 

 

Ver noticia

OS MAIOS

 

Día dos Maios

"Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano"

 

 

O mes dos maios que teñen por protagonistas aos nenos, ás nenas e ás flores,

convertidos en pregoeiros de que a primaveira está a chegar ao seu cume.

Os romanos festexaban a Flora, protectora da vexetación, a Maia, deusa da fecundidade

- que remataría por darlle nome a todo o mes-,

a Ceres e a outras divinidades relcionados todos

dalgún xeito cos vexetais e, en particular, coas flores e os froitos.

 

                                                             

 

Os maios e as maias (estas agora desaparecidas)

constituíron ao longo dos séculos a celebración máis

senlleira do día primeiro ou doutro calquera, pero

sen pasar de mediados: Pontevedra, Ourense, Redondela,

Marín, Vilagarcía de Arousa e noutras vilas, seguen agora

como antano celebrando a chegada do mes.

                                                                           

Nuns casos percorren as rúas fermosas figuras que

lembranunha árbore adobiada contoda clase de flores; outras

semellan un cruceiro, un boneco ou outro obxecto calquera

e,por último, están os nenos e as nenas vestidos de maio, ben

cubertos con flores e ramallos.


Antes como aguinaldo recibían "maiolas"

(castañas secas)en pago de anunciar a chegada

de tan ledo tempo, pero agoraprefiren vender as

súas coplas, nas que se contan os sucesosmáis

relevantes do ano acontecidos na vila, critican

aos políticosou dan conta do traballo que

levaron para contruír o seu maio

                                                                                                          

Antigos Maios

Vídeo

preme na imaxe

 

Festa dos Maios en Redondela

vídeo

preme na imaxe

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ

05/04/2013 19:14
17/04/2013 19:14

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS  

Para nais e pais con nenos e nenas que se van matricular por vez primeira no vindeiro curso.                                                           

 

CEIP

MANUEL MASDÍAS                                      

      Durante o periodo aberto para matricular aos vosos fillos e fillas, gustaríanos recibirvos para que nos coñezades, vexades o noso colexio en funcionamento e exploredes as nosas instalacións.

Estarémosvos esperando en calquera momento dentro do noso horario escolar e mesmo o martes pola tarde, para todos/as aqueles/as que non podades vir pola mañá.

Teredes unha guía que vos levará a visitar os distintos espazos que conforman a nosa escola e poderedes entrar nas nosas aulas para ver como se desenvolve a vida diaria nas mesmas.

AGARDÁMOSVOS!!

As nosa portas estarán abertas para vós durante o periodo de matriculacón para o curso 2013-2014:

do 5 ao 17 de Abril 2013.

Horario:

De Luns a Venres de 9 a 14h.

Martes tamén pola tarde,

de 16 a 19h.


8 de abril: Día Internacional do Pobo Xitano

 

 

FOTOS DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

 

 

    

 

 

 

8 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

O día Internacional do Pobo Xitano celébrase o 8 de abril recordando aquel día de 1971 en Londres onde se instituíu a bandeira e o himno da Comunidade.

O vindeiro luns 8 de abril celebraremos o

"Día Internacional do Pobo Xitano.

Este día é dende hai uns anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos Xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura.       

"Ceremonia do río"

Os xitanos de todo o mundo se reúnen nas marxes dos ríospara celebrar de forma conxunta a ofrenda de flores onde asmulleres lanzan pétalos de flores á auga como símbolo de liberdade e do éxodo vivido polo Pobo Xitano hai máis de mil anos.

 

 

"Ofrenda de velas"

 

Os homes poñen as velas nos ríos en memoria das vítimas que sufriron as consecuencias do odio e os ataques xenófobos e racistas e en recordo dos nosos antepasados, especialmente,do medio millón de xitanos asasinados durante o holocausto nazi.

 

"Bandeira"

Acordouse a bandeira do Pobo Xitano. A parte superior é unha franza azul que representa o ceo, abaixo unha franxa verde que representa a herba na terra dos camiños e unha roda de carro vermello no centro, que simbolizan os carros cós que percorreron os camiños.

"Himno"

(Preme na imaxe para escoitalo)

Determínase o Himno Internacional Xitano, o "Gelem, Gelem" (andei) escrito en Romaní que fai referencia á condición itinerante do Pobo Xitano.

"Idioma"

Confírmase o Romaní (idioma Indoeuropeo) como lingua oficial de todosos xitanos do mundo.                                                            

Fotos Día da Árbore

Día da Árbore no Masdías

 

 

21 de marzo: "Día da Poesía e da Árbore"

 

21 DE MARZO

DÍA DA

POESÍA ÁRBORE

CEIP

M

A

N

U

E

L

M

A

S

D

Í

A

S

Traballando a poesía e tamén o libro:

"O Carballo con botas"


 

Plantaremos no colexio estas árbores:

SOBREIRA

Mandarino

PRADAIRO

8 MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8  de marzo celébrase o Día da Muller traballadora

En 1911 algúns países (Dinamarca, Alemaña, Austria e Suiza) realizaron a primeira convocatoria deste día; non foi ata 1977 cando a ONU proclamou o 8 de marzo:

" Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional"

Hoxe para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora

leremos:

"Iriña bailarina"

 


 

 

Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut