Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O POBO XITANO

O pasado 8 de Abril celebramos na escola a Conmemoración Internacional do día do Pobo Xitano. En infantil e nos cursos  baixos de primaria fomos ver un conto narrado á biblioteca do centro sobre a vida cotiá dun neno xitano chamado Antonio.  Os maiores recibiron a visita de Alejandra Barrul Fuentes, unha rapaza xitana que está estudando na universidade co obxectivo de converterse en xuíza. Premendo aquí ou na fotografía superior tendes a ligazón a estas actividades feitas cos demais compañeiros e compañeiras do centro

 

Nós fomos a visitar a exposición sobre o Pobo Xitano, elaborada gracias á colaboración de varias familias xitanas do centro. Para coñecer máis sobre este pobo e as súas tradicións tivemos a sorte de contar con Janet Gabarre Giménez de 5º de Primaria como guía. Con toda a súa ilusión foi explicándonos como son as vodas xitanas, grazas a un dos varios traxes de noiva que vestiu a súa nai nese día, das fotos da familia botando as améndoas caramelizadas sobre a noiva, que poidemos ver e tocar, e de máis obxectos típicos das vodas; pero tamén aprendemos algo da vida cotiá, como das cachabas, bastóns característicos dos maiores; os aparellos para montar os cabalos; a cestería, traballo artesán típico deste pobo; tamén nos falou do flamenco, dos cantaores e bailarinas, do instrumento chamado caixón, da súa roupa e calzado, ... entre outras cousas.

Logo fomos á nosa clase con Janet e estivemos bailando un pouco de flamenco con ela, iso era o que máis nos apetecía!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS JANET, DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES GRAZAS A TI!!

UNHA APERTA DE TOD@S!



page | by Dr. Radut