Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

O CONCELLO CONCEDEUNOS A SUBVENCIÓN PARA INCIAR NO CURSO 2013-2014 O PROGRAMA DE RECICLAXE DE ACEITE: OLICLAK

Dende o comezo do proxecto Código 3R tiñamos a intención de incluir dentro das nosas actividades ecolóxicas a reciclaxe do aceite usado do noso barrio de Caranza. Esta actividade requeriría, por unha banda, a colaboración do concello para a merca do material necesario para esta labor: os botes chamados Clakis, onde se introduce o aceite usado colado; as bolsas de tela onde se meten estes recipientes para facer a actividade máis hixiénica; o colector para os clakis cheos e o expositor cos Clakis limpos e listos para volver a usarse. E tamén require unha posterior colaboración das familias porque é nas casas onde se xenera este residuo. Solicitamos ao concello de Ferrol esta colaboración e xa temos a resposta afirmativa por parte deles, pero chegou neste més de maio, polo que comezaremos o proxecto o vindeiro curso.



page | by Dr. Radut