Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

PROXECTO DE TRABALLO SOBRE A NOSA PEGADA AMBIENTAL: O LIXO QUE XERAMOS

O 1º curso de educación primaria desde o inicio do programa Reciclamos con Sogama levamos adiante un proxecto de traballo relacionado co lixo que xerabamos desde a clase, deste xeito unha vez que tíñamos as bolsas para recollida selectiva de lixo iniciamos un estudo de todo o lixo que xerábamos. No inicio a nosa clase separa de forma diferenciada o alumninio (para proceder á súa venda posterior), o papel, o plástico, os resíduos orgánicos (que van ó composteiro, para ser utilizados posteriormente no horto escolar), os tapóns que tamén se xuntan para entregar nunha campaña solidaria, e o resto do lixo que non podemos reciclar que vai a bolsa do xenérico. Diariamente se fai un reconto do lixo de cada tipo recollido (excepto xenérico) para semanalmente realizar un informe do lixo xerado (cantidade e tipo) co que se elaboran gráficas por parte do alumnado. Está previsto realizar un informe final cara fin de curso coa análise de tódolos datos. Neste intre podemos subliñar que desde o inicio ata hoxe o consumo de aluminio descendeu ao traer o alumnado os bocadillos e a froita en envases de plástico reutilizable, o mesmo que o número de botellas de auga pola mesma razón, o que fixo diminuír o número de envases da bolsa amarela, manténdose o lixo enviado para compostaxe.




page | by Dr. Radut