Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

O ENTROIDO CÓDIGO 3R!!!

Este ano 2013 a temática do entroido foi o noso proxecto CÓDIGO 3R. Por iso decidimos que cada ciclo se ía disfrazar dun colector distinto: 2º ciclo de infantil fomos do Colector amarelo, o 1º ciclo de primaria foi do Colector Xenérico, 2º ciclo de primaria foi do Composteiro, 3º ciclo de primaria disfrazouse do Colector azul e os mestres especialistas disfrazáronse de recolledores/as do lixo. Para a elaboración dos disfraces contamos coa colaboración das familias que nos proporcionaron os materiais de refugallo para confeccionar os traxes e mesmo en infantil fíxose un obradoiro coas familias de dous días para elaborar ditos disfraces entre familia o alumnado e as mestras.

Todos os anos inventamos unha canción para o entroido, este ano foi a Canción da Reciclaxe que se fixo a partir das mellores coplas que inventaron todas as aulas da escola. E dicir, todas as clases fixeron unha proposta con varias estrofas e finalmente, un xurado invisíbel, decideu as coplas escollidas para formar parte da canción da reciclaxe.

Ademais o Meco deste ano, que é a personaxe que representa todas as cousas malas do curso ou do ano, foi A Contaminación. Este meco foi elaborado polos nenos e nenas de 5º de primaria reutilizando materiais. O primeiro día da festa do entroido fixémoslle un xuízo ao Meco, que consiste nunha obra teatral representada polos rapaces e rapazas de 6º de primaria na que, en clave cómica,a fiscal acusou ao Meco, a contaminación, de todos os seus delitos e a avogada defensora intentou, sen éxito, que non a condenaran. Finalmente foi condenado a ser queimado ao día seguinte ao final do entroido.

 

O segundo día do entroido fixemos un pasa rúas do colexio, a escola infantil veciña e as familias que tamén se disfrazaron de reciclaxe coa colaboración da ANPA. No pasarúas fomos cantando a canción da Reciclaxe elaborada a partir das coplas do entroido. 


Nesta ligazón tendes toda a nova dende a páxina principal da nosa escola.



page | by Dr. Radut