Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

OS CARTEIS PARA A CLASIFICACIÓN DO LIXO NO MASDÍAS

Despois da visita de Sogama de febreiro para calcular o nivel de impropios da nosa Illa de Reciclaxe (é dicir, de residuos introducidos no colector equivocado), puxemos carteis informando do tipo exacto de lixo, habitualmente xerado na escola, que vai en cada colector (amarelo, azul e xenérico) e recalcamos que tipo de lixo non vai no mesmo, sobre todo resaltando o tipo de residuos que soemos introducir como impropio nestes colectores, tal e como reflectiu a mostraxe dos mesmos efectuado pola empresa..

Tamén puxemos carteis para mellorar a calidade deste lixo que vai ser reciclado informando do estado no que debe depositarse o mesmo (sobre todo en canto a limpeza e baleirado).

 

Por último tamén puxemos carteis informando do resto de colectores que temos na escola: de tapóns de plástico, de pilas, de vidro e para o composteiro.

Premede aquí para ver máis fotos.

Se queredes descargar os carteis informativos podedes facelo premendo no seguinte arquivo adxunto:


AdxuntoTamaño
OS CARTEIS DOS COLECTORES DO MASDÍAS.pdf1.92 MB


page | by Dr. Radut