Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

OS MAIOS

 

Día dos Maios

"Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano"

 

 

O mes dos maios que teñen por protagonistas aos nenos, ás nenas e ás flores,

convertidos en pregoeiros de que a primaveira está a chegar ao seu cume.

Os romanos festexaban a Flora, protectora da vexetación, a Maia, deusa da fecundidade

- que remataría por darlle nome a todo o mes-,

a Ceres e a outras divinidades relcionados todos

dalgún xeito cos vexetais e, en particular, coas flores e os froitos.

 

                                                             

 

Os maios e as maias (estas agora desaparecidas)

constituíron ao longo dos séculos a celebración máis

senlleira do día primeiro ou doutro calquera, pero

sen pasar de mediados: Pontevedra, Ourense, Redondela,

Marín, Vilagarcía de Arousa e noutras vilas, seguen agora

como antano celebrando a chegada do mes.

                                                                           

Nuns casos percorren as rúas fermosas figuras que

lembranunha árbore adobiada contoda clase de flores; outras

semellan un cruceiro, un boneco ou outro obxecto calquera

e,por último, están os nenos e as nenas vestidos de maio, ben

cubertos con flores e ramallos.


Antes como aguinaldo recibían "maiolas"

(castañas secas)en pago de anunciar a chegada

de tan ledo tempo, pero agoraprefiren vender as

súas coplas, nas que se contan os sucesosmáis

relevantes do ano acontecidos na vila, critican

aos políticosou dan conta do traballo que

levaron para contruír o seu maio

                                                                                                          

Antigos Maios

Vídeo

preme na imaxe

 

Festa dos Maios en Redondela

vídeo

preme na imaxe

 



page | by Dr. Radut