Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

8 de abril: Día Internacional do Pobo Xitano

 

 

FOTOS DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

 

 

    

 

 

 

8 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

O día Internacional do Pobo Xitano celébrase o 8 de abril recordando aquel día de 1971 en Londres onde se instituíu a bandeira e o himno da Comunidade.

O vindeiro luns 8 de abril celebraremos o

"Día Internacional do Pobo Xitano.

Este día é dende hai uns anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos Xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura.       

"Ceremonia do río"

Os xitanos de todo o mundo se reúnen nas marxes dos ríospara celebrar de forma conxunta a ofrenda de flores onde asmulleres lanzan pétalos de flores á auga como símbolo de liberdade e do éxodo vivido polo Pobo Xitano hai máis de mil anos.

 

 

"Ofrenda de velas"

 

Os homes poñen as velas nos ríos en memoria das vítimas que sufriron as consecuencias do odio e os ataques xenófobos e racistas e en recordo dos nosos antepasados, especialmente,do medio millón de xitanos asasinados durante o holocausto nazi.

 

"Bandeira"

Acordouse a bandeira do Pobo Xitano. A parte superior é unha franza azul que representa o ceo, abaixo unha franxa verde que representa a herba na terra dos camiños e unha roda de carro vermello no centro, que simbolizan os carros cós que percorreron os camiños.

"Himno"

(Preme na imaxe para escoitalo)

Determínase o Himno Internacional Xitano, o "Gelem, Gelem" (andei) escrito en Romaní que fai referencia á condición itinerante do Pobo Xitano.

"Idioma"

Confírmase o Romaní (idioma Indoeuropeo) como lingua oficial de todosos xitanos do mundo.                                                            



page | by Dr. Radut