Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

ENTROIDO 2013

 

Toda a semana do Entroido tivemos que vir á escola con diferentes elementos que o Meco nos ordeou. Este ano o MECO é a Contaminación, o lixo, os residuos non reciclados, o consumo excesivo,... e todas aquelas prácticas que enferman o noso planeta Terra. Así o martes tivemos que vir con un sombreiro reciclado. O mércores foi unha paxariña ou gravata feita de materiais de refugallo o que tivemos que traer. Por último, o xoves tocou colar e pulseira orixinal e ecolóxica, xunto con todo o anterior. Desta guisa fumos aoXuizo do Meco, que interpretaron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Finalmente cada clase recitou o Testamento do que lle deixou o Meco despois de ser condeado á fogueira.

O MECO confeccionado polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria

O venres comezamos co Pasarúas do Entroido do CEIP Manuel Masdías e da Escola Infantil Galiña Azul de Caranza ao que nos acompañástedes vós, as familias e a ANPA. Fixémolo acompañados da música da canción A saia de Carolina, música da nosa comparsa deste ano. Aquí tendes a letra da canción do entroido, que compuxo toda a escola, e as fotos:

Canción do entroido

O planeta Terra é noso

nós o temos que coidar

e para iso é importante

os residuos reciclar.

Retrouso:

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

Todo ben separado

en cada colector (3 veces)

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

 

No contedor azul

reciclamos o papel

separámolo nas aulas

e no patio tamén.

Retrouso

 

No contedor amarelo

botamos plástico e latas

porque se chegan ao mar

contaminan e ata matan.

Retrouso

 

No contedor verde escuro,

Que é o que podemos tirar?

O que sobra en cada casa

e non se pode reciclar.

Retrouso

 

O que sobra das merendas

vai para o noso composteiro

e as follas do noso patio

que recolle o xardiñeiro.

Retrouso

 

O lixo que tes na casa

arende a reciclar.

Por que non recolles lixo

e aprendes a separar?

 

 

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut