Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Adiviñas, Animación á lectura, Animación á lectura, Apadriñamentos, Biblioteca, Biblioteca, Biblioteca, Curso 2010-2011, curso 2011-2012, Curso 2012-2013, Educación Fïsica, Educación Infantil, Infantil, Inglès, Inglés, Música, Música, Orientaciön, Plan Proxecta, Primeiro ciclo, Primeiro Ciclo, Recomendámosche, Segundo Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo

OBRADOIRO DE XABRÓN A PARTIR DE ACEITE RECICLADO NO 3º CICLO, 5º E 6º

Grazas á colaboración dunha nai dun alumno de 5º da escola poidemos facer xabrón a partir de aceite e outros productos do fogar.

AQUÍ TENDES AS FOTOS DA EXPERIENCIA.

LIBRO VIAXEIRO DE INFANTIL SOBRE LIMPADORES E DETERXENTES ECOLÓXICOS

Nesta activiade foi fundamental a colaboración das familias, pois foron elas as que nos enviaron as receitas ecolóxicas de xabróns e deterxentes que podemos facer case co que temos pola casa. Coas receitas elaboramos un libro que viaxou por todas as familias e volveu á escola. En clase fixemos tamén unha receita cun grado de dificultade adaptado as edades deste alumnado, o suavizante ecolóxico.  

Aquí están algunhas fotos máis.

OBRADOIRO ANUAL DE RECICLARTE NO 2º CICLO DE PRIMARIA: 3º E 4º.

En 3º e 4º fixemos un obradoiro anual de plástica usando materiais de refugallo. Nel fixemos: unha carteira con bricks e papel de agasallo usado, unha caixiña de cartón e un marco co material sobrante, un marco de fotos con bandexas de porexpan e recortes de revistas, un porquiño para aforrar con botelliñas de auga e xornáis e unhas marionetas con pinzas usadas.

Premendo nesta ligazón veredes máis fotos.


OS AGASALLOS DE SOGAMA PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DA NOSA ESCOLA

Acaban de chegar unha chea de agasallos para repartir entre todos os alumnos e alumnas da escola por participar neste proxecto de Reciclaxe. Minicolectores, bolsas de tela, lapis, bolígrafos, imáns para clasificar o lixo das nosas casas, folletos informativos, polares para a gorxa e balóns de futbol!! Moitas grazas!!


EXAME EN 3º DE PRIMARIA USANDO O IMÁN DA RECICLAXE ENVIADO POR SOGAMA

Na clase de 3º de primaria fixeron, para comprobar todo o que aprenderan co proxecto de reciclaxe, un exame no que podían empregar o imán enviado entre os moitos agasallos que nos mandou Sogama para animarnos neste proxecto. 

VÍDEOS PARA TRABALLAR AS ACTITUDES ECOLÓXICAS COS MÁIS PEQUEN@S

Nesta ligazón podedes ver as divertidas historias deste animais tan ecoloxitas. Agardamos que vos gusten!!

O ENTROIDO CÓDIGO 3R!!!

Este ano 2013 a temática do entroido foi o noso proxecto CÓDIGO 3R. Por iso decidimos que cada ciclo se ía disfrazar dun colector distinto: 2º ciclo de infantil fomos do Colector amarelo, o 1º ciclo de primaria foi do Colector Xenérico, 2º ciclo de primaria foi do Composteiro, 3º ciclo de primaria disfrazouse do Colector azul e os mestres especialistas disfrazáronse de recolledores/as do lixo. Para a elaboración dos disfraces contamos coa colaboración das familias que nos proporcionaron os materiais de refugallo para confeccionar os traxes e mesmo en infantil fíxose un obradoiro coas familias de dous días para elaborar ditos disfraces entre familia o alumnado e as mestras.

Todos os anos inventamos unha canción para o entroido, este ano foi a Canción da Reciclaxe que se fixo a partir das mellores coplas que inventaron todas as aulas da escola. E dicir, todas as clases fixeron unha proposta con varias estrofas e finalmente, un xurado invisíbel, decideu as coplas escollidas para formar parte da canción da reciclaxe.

Ademais o Meco deste ano, que é a personaxe que representa todas as cousas malas do curso ou do ano, foi A Contaminación. Este meco foi elaborado polos nenos e nenas de 5º de primaria reutilizando materiais. O primeiro día da festa do entroido fixémoslle un xuízo ao Meco, que consiste nunha obra teatral representada polos rapaces e rapazas de 6º de primaria na que, en clave cómica,a fiscal acusou ao Meco, a contaminación, de todos os seus delitos e a avogada defensora intentou, sen éxito, que non a condenaran. Finalmente foi condenado a ser queimado ao día seguinte ao final do entroido.

 

O segundo día do entroido fixemos un pasa rúas do colexio, a escola infantil veciña e as familias que tamén se disfrazaron de reciclaxe coa colaboración da ANPA. No pasarúas fomos cantando a canción da Reciclaxe elaborada a partir das coplas do entroido. 


Nesta ligazón tendes toda a nova dende a páxina principal da nosa escola.

RECICLAXE DE PAPEL DE ALUMINIO.

Xa levamos no centro dous anos reciclando o papel de aluminio das merendas porque é moi contaminante, pero tamén porque nos pagan unha pequena cantidade por el que empregamos para as excursións do alumnado. Os alumnos e alumnas pioneiros e encargados nesta actividade son o grupo de 3º de primaria


EXPOCOLECTORES DA ENTRADA DE PRIMARIA E INFANTIL

Tamén por estas datas, iniciando o proxecto, elaboramos unha exposición sobre que tipo de lixo vai en cada colector. E para que fose o máis claro posíbel utilizados o lixo de verdade, agás no caso do composteiro, que, ao ser todo orgánico utilizamos fotografías.

 

Tamén en infantil fixemos unha exposición semellante, pero neste caso tratouse dun mural cos nosos amigos os colectores aos que lles puxemos un nome propio. No mural tamén colocamos o lixo real que vai en cada un deles, agás no caso dos residuos organicos que os colorearon os nenos e nenas.

Nesta ligazón tendes todas as fotos.

O TRIVIAL DE SOGAMA E O XOGO DA RECICLAXE DE ECOEMBES

En xaneiro, case iniciando o noso proxecto de Recíclate con Sogama xa nos tocou contar no centro co Trivial xigante de Sogama. Gustou moitísimo aos nenos e nenas de todas clases, mesmos aos nenos e nenas de 6º de infantil (5 anos) que, como xa iniciaran o curso anteriror a clasifciación do lixo e as 3 R non tiveron ningún problema en responder á maioría das preguntas.

Foi unha experiencia tan divertida e interesante que decidimos crear a partir del o noso TRIVIAL DA RECICLAXE DO MASDIAS para seguir gozando e aprendendo co xogo.Pouco despois chegou á escola o XOGOS DA RECICLAXE DE ECOEMBES, e, ao igual que sucedeu co trivial utilizamos este xogo en todas aulas, agás nas dos máis pequenos de infantil. Nesta ocasión foi o xogo o que está rotando polas aulas. Tamén gustou moito ao alumnado.

PARA VER MÁIS FOTOS PREMEDE AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut