Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Adiviñas, Animación á lectura, Animación á lectura, Apadriñamentos, Biblioteca, Biblioteca, Biblioteca, Curso 2010-2011, curso 2011-2012, Curso 2012-2013, Educación Fïsica, Educación Infantil, Infantil, Inglès, Inglés, Música, Música, Orientaciön, Plan Proxecta, Primeiro ciclo, Primeiro Ciclo, Recomendámosche, Segundo Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo

Festa de Samaín e Magosto na nosa escola.

O venres, 4 de novembro, celebramos a a nosa tradicional festa de Samaín e Magosto:

- Fixemos un festival coas actuacións dos nenos e nenas.

- Vimos a exposición dos murais, as castañas e as cabazas feitas e decoradas polo alumnado.

- Comimos castañas con leite feitas polas nais e pais dos nosos alumnos e alumnas.

- Fixemos o desfile do medo acompañados e acompañadas polos gaiteiros.

- E rematamos a festa coa queima das castañas feitas o curso pasado.

                 

DIA DA ARBORE

O venres, 25 de marzo, conmemoramos na escola o Día da Ärbore.

Os nenos e nenas de cuarto limos na Hora de Ler información sobre esta conmemoración, debuxámonos lendo á sombra dunha árbora para confeccionar un mural e plantamos no noso xardín un pequeno carballo que enviaron dende o Concello.

¡Esperamos velo medrar sen que ninguén o rompa!

PERCORRIDO LUDICO POLA POESiA GALEGA

O pasado día 8 de abril os nenos e nenas de cuarto e quinto participaron nunha das actividades que o Concello preparou para a Feira do Libro deste ano.

A actividade, dirixida por Lucía Aldao, consistiu nun percorrido pola poesía galega mediante o xogo, o movemento, as rimas...En fin, todo moi participativo e lúdico.

Tamén aproveitaron o día para coñecer mellor a súa cidade, xa que fixeron todo o  percorrido,dende Caranza ata o Cantón, a pé. ¡Fantástico todo o día!

Actvidade colaborativa bibliotecas Ferrolterra

Noraboa a todos os nenos e nenas, mozos e mozas que participaron e encheron de vida os libros de Xoán Farias.

Actividade de contacontos

O 19 de outubro visitou o noso centro un contacontos, dentro das actividades ofertadas polo Concello de Ferrol. Gostamos moito de escoitalo na Biblioteca do centro.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut