Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Adiviñas, Animación á lectura, Animación á lectura, Apadriñamentos, Biblioteca, Biblioteca, Biblioteca, Curso 2010-2011, curso 2011-2012, Curso 2012-2013, Educación Fïsica, Educación Infantil, Infantil, Inglès, Inglés, Música, Música, Orientaciön, Plan Proxecta, Primeiro ciclo, Primeiro Ciclo, Recomendámosche, Segundo Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo

APADRIÑAMENTOS LECTORES

En novembro comezaron os apadriñamentos lectores de este ano, no que os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriñan a un neno ou nena de Infantil e de primeiro ciclo de Primaria ( 1º e 2º) para lerlle un conto unha vez ao mes. Aquí tendes unha ligazón ás primeiras fotos. 



EXCURSIÓN Á XXV SEMANA MICOLÓXICA DE FERROL

En novembro fumos 5º e 6º de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria, á nosa primeira excursión do curso. No Cantón de Ferrol puidemos ver unha variada exposición de cogumelos típicos do noso contorno. Alí descubrimos que existen moitos máis tipos de cogumelos dos que imaxinábamos, e éstes poden ser tóxicos ou inócuos, pero dentro dos inócuos hainos comestíbeis e non comestíbeis, simplemente porque estes últimos non saben ben. 

Despois debuxamos e modelamos en plastilina o cogumelo que máis nos gustou a cada un/ha. 

Para ver o resto das fotos premede aquí.

BUSCANDO COGUMELOS NO PATIO

A nosa escola está rodeada de árbores. Por esta razón e aproveitando que este ano 2011 é o Ano das Fragas estamos realizando un proxecto anual sobre AS ÁRBORES

Unha das actividades que fixemos foi a de recoller as follas caídas das árbores do colexio para logo clasificalas atendendo a diversos criterios, como a cor, a forma ou o tamaño. 

Nunha das nosas pequenas excursións arredor do centro descubrimos outros seres moi singulares sobre os que logo investigamos en internet: os cogumelos. Descubrimos que saen no outono porque lles gusta moito a choiva.

MAGOSTO E SAMAÍN

CASTAÑAS E CABAZAS

Remata outubro e comeza novembro. Estamos en pleno outono e no patio de infantil non deixamos de atopar ourizos, castañas, landras, follas secas...

O primeiro venres de novembro gozamos dun riquísimo Magosto, grazas á ANPA, con deliciosas castañas e leite e aproveitamos para celebrar un terrorífico Samaín.

Espuxemos as castañas xigantes que fixemos nas nosas clases: unha bruxa @s de 3 anos, unha Kitty e un vampiro @s de 4 anos e un pirata @s de 5.


Tamén espuxemos as arrepiantes, graciosas e mesmo moi artísticas cabazas que as nosas familias fixeron con nós na casa.


Logo cantamos a nosa canción do Magosto, ben sabemos que vos gustou! Saíunos de marabilla!


Xa algo famentos dimos conta das castañas e do leite e despuxémonos a acender cadansúa cabaza para facer o case máxico desfile das cabazas arredor da escola.


Finalmente queimamos as castañas xigantes feitas o ano pasado para rematar a misteriosa tarde. As castañas elaboradas este ano pasaron a adornar os corredores do centro.


Aquí vos puxemos unha mostra do ben que o pasamos, se queredes ver máis fotos premede aquí.



VOLVEMOS Á ESCOLA!

XA CHEGOU SETEMBRO!

Remataron as vacacións do verán e toca volver á escola de novo. Este ano todos os alumnos e alumnas de infantil atopáronse con dúas grandes novidades: están nunha nova clase e teñen novas titoras! Menos mal que a profe Mar sigue connosco dándonos algo de tranquila continuidade! 

Estas son algunhas das moitas cousas novas que nos atopamos nas nosas aulas:



PROXECTO DE ANIMACIÓN Á LECTURA "CONTA COMIGO"

O noso centro, coa participación do grupo "Cantaconto" (Gelo e Vero) vai desenvolver, en 22 sesións de traballo, un proxecto de animación lecto-escritora titulado "CONTA COMIGO" . Un proxecto que pretende traballar e desenvolver habilidades de escoita, fala e escritura que servan para mellorar a competencia lingüística dos nosos nenos/as.

 

CONTA COMIGO... para disfrutar escoitando.

CONTA COMIGO... para conversar.

CONTA COMIGO... para divertirte lendo.

CONTA COMIGO... para escribir historias e protagonizalas.

CONTA COMIGO... para imaxinar outros mundos.

CONTA COMIGO... para compartir emocións.

CONTA COMIGO... para coñecer outras culturas.

CONTA COMIGO... que nós tamén contamos contigo!!!

 

Xa temos as fotos da primeira sesión. (ver fotos)

 

   

COPLAS ANTROIDO 2012

COPLAS ANTROIDO 2012

Xa están aquí as coplas de antroido feitas por tódolos cursos.

Agora toca ensaiar,

para que o pasarúas,

sexa espectacular!!!!!

Pincha nas coplas para escoitar a melodía

 

MALVELA PIRIMPIMPÍN

AGORA POLO ENTROIDO ÍMOS ACOMPAÑAR O PASARÚAS COA MÚSICA DE MALVELA

MALVELA é un grupo de música popular. Naceu nunha aldea, en Sanguiñeda (Mos)

Son un grupo de mulleres que reúnense para cantar, esa era a única pretensión. Pero como a vida non é unha liña recta, senón que está chea de reviravoltas, de vaivéns, comezaron unha aventura que cristalizou na creación deste grupo de CANTAREIRAS.

 

 


 


 


 


EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

Camile Saint - Saëns

 

O COMPOSITOR

 

 

O Carnaval dos Animais é unha obra realizada por Camile Saint - Saëns. Camile, era unha persoa ,moi seria e decidiu estreala súa obra despois de falecer, pois pensaba que a pieza era moi cómica.

Na nosa festa de carnaval o león está representado polo piano e a súa marcha real, o elefente é o contrabaixo e os hemións un dúo de pianos a la carreira. Os canguros tamén serán o piano pero neste caso dando grandes saltos. O cuco, interpretado polo clarinetes e os persoaxes de grandes ourellas polos violíns. Tamén aparecen os fósiles, estos "soan" grazas á percusión. O cisne é o violonchelo e galiñas e galos son o piano e as cordas da orquestra. As tartarugas e o acuario son interpretados por todala orquestra.

 

1. ACUARIO

 

 

2. O ELEFANTE

 

 

 

 

 TODOS OS VIDEOS

 

 


POLCA DA PAZ

POLCA DA PAZ


Pincha na paloma para escoitar a canción

LETRA

O 30 de xaneiro
día da paz,
queremos celebralo,
cunha canción de paz.

Eu quero. Sí
Ti queres. Tamén
Queremos vivir en paz.
Eu quero. Si
Ti queres. Por que non?
Queremos vivir en paz.

Se tes algún problema,
cós rapaces da escola
arránxao cunha aperta
verás como mola.

Eu quero. Sí
Ti queres. Tamén
Queremos vivir en paz.
Eu quero. Si
Ti queres. Por que non?
Queremos vivir en paz.

Se ves que algún pequeno,
un pouco triste está,
achégate a darlle un bico
e axúdalle a disfrutar.

Eu quero. Sí
Ti queres. Tamén
Queremos vivir en paz.
Eu quero. Si
Ti queres. Por que non?
Queremos vivir en paz.

Se todos traballamos,
por ter un mundo en paz,
xuntos conseguiremos
moita ledicia xa.

Eu quero. Sí
Ti queres. Tamén
Queremos vivir en paz.
Eu quero. Si
Ti queres. Por que non?
Queremos vivir en paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut