Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Adiviñas, Animación á lectura, Animación á lectura, Apadriñamentos, Biblioteca, Biblioteca, Biblioteca, Curso 2010-2011, curso 2011-2012, Curso 2012-2013, Educación Fïsica, Educación Infantil, Infantil, Inglès, Inglés, Música, Música, Orientaciön, Plan Proxecta, Primeiro ciclo, Primeiro Ciclo, Recomendámosche, Segundo Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo

UN ESPELLO... FALADOR

UN ESPELLO...

pincha no espello

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelmasdias/?q=system/files/Espello+Eloii.pdf

XORNADA DE CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL DE CARANZA

O xoves 15 de marzo tivemos a sorte de contar coa visita dalgúns dos nenos e nenas maiores da Galiña Azul de Caranza. Para preparar esta importante xornada estivemos decidindo alumnos/as e mestras que podíamos facer para acoller a estes compañeiros/as. O primeiro foi facerlles unha invitación convidandoos e logo decidimos facer unha pancarta de benvida, preparar unha merenda deliciosa e contarlles un dos contos máis divertidos.

Así o día sinalado fomos dous nenos e nenas de cada clase de EI a buscar aos nenos e nenas á entrada polo pabillón. Logo fomos ensinándolles as nosas respectivas clases de 4º,5º e 6º de EI, onde agardaban impacientes o resto dos compañeiros/as. Despois seguimos a ruta levandoos a que coñeceran o salón de actos e a biblioteca do centro. A continuación merendamos todos xuntos na nosa entrada e por fin fomos a xogar ao patio! Finalmente volvimos á entrada para escoitar o conto O coelliño branco e cantamos a canción de Xan pequeno. Eles e elas pola súa parte agasalláronnos cunha chea de bicos de cores impresos nun fermoso recordoAquí tendes as fotos da experiencia.

 

Moitas grazas pola vosa visita!

Agardamos volver a vervos pronto!

ENTROIDO 2012

A semana do entroido foi unha semana intensa no Madías! Fixemos un montón de cousas, veredes: 

Para comezar, o Meco, que este ano eran unhas Tesoiras Recortadoras, púxonos un montón de mandados, bueno, un montón non, un novo cada día,así que ao final algúns e algunhas quedamos desta guisa: 

Outra das cousas que fixemos foi crear unhas coplas para entroido, entre os diferentes niveis e ciclos, así finalmente conseguimos a nosa canción para a comparsa que, por se vos apetece probar, cántase coa música e estribillo do Pirimpimpin de Malvela.

Na  nosa revista do Entroido 2012 (sobre a que xa podedes premer) tendes a letra desta copla, e tamén tendes, entroutras cousas que iremos comentando, os Testamentos do Meco que fixemos nas diferentes aulas.

O xoves 16 de febreiro tivo lugar o Xuízo do Meco, representado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria, e, coma todos os anos, non houbo quen o salvara: quedou sentenciado a morte por rachueira! Despois do xuízo todas as clases leron os seus testamentos para o resto do colexio. Escachamos a rir con semellantes agasallos!! (tamén podedes lelos na revista do Entroido, na ligazón anterior)

Finalmente o venres 17 fumos de comparsa polas rúas do nosos barrio de Caranza, todos e todas disfrazados de Escola Pública e cantando a nosa canción. Nós, os nenos e nenas de Infantil íamos de mestres!!

E nesta comparsa tamén nos acompañaron os nenos e nenas da nosa veciña a Escola Infantil Galiña Azul de Caranza.

Despois queimamos o Meco no patio da escola e a continuación a ANPA convidounos a orellas e leite e sorteou unha estupenda e xigantesca cesta de entroido.

Unha vez máis pasámolo estupendamente,

non si?!


DÍA DA PAZ DEDICADO A WANGARI MAATHAI

 


O día 30 de Xaneiro foi o Día Internacional da Paz. Dende a escola, seguindo as coa nosa temática anual das ÁRBORES, utilizamos como inspiración para as nosas actividades a historia da nobel da Paz Wangari Mathaii que coñecimos a través do conto As árbores da paz. Unha historia verdadeira escrito por Jeanette Winter e editado por Ekaré. Neste conto relátasenos a vida desta muller que loitou por manter a cohesión social na súa aldea esquilmada pola tala insdiscriminada de árbores. Procurou frear esta deforestación e repoboar a súa aldea, pero ao mesmo tempo promoveu o traballo remunerado entre as mulleres da mesma que a axudaron na súa tarefa. Wangari foi encarcelada, pero a súa mensaxe extendeuse por toda Kenia e mesmo por moitos lugares de África conseguindo así non só repoboar as fragas e selvas de Kenia senon converter tamén o feito de plantar unha árbore nun símbolo de paz.


Pouco antes do día da paz tivemos a primeira sesión do proxecto CONTA COMIGO, que é un proxecto destinado a promover e mellorar a competenza lingüística do noso alumnado. Para desenvolver este proxecto contamos coa colaboración do grupo Contaconto  que nos acompañará en seis sesións que se desenvolverán entre xaneiro e xuño. Todos os cursos fixemos a partir desta actividades un MURAL-ÁRBORE DA PAZ entroutras actividades. Aquí tendes algúns exemplos.

Finalmente o martes 31 celebramos este día no centro co FESTIVAL DE POEMAS POLA PAZ. Todos os niveis de todos os ciclos crearon a súa poesía e a leron diante dos seus compañeiros e compañeiras de toda a escola. E mesmo algúns alumnos/as leron a súa propia poesía.

Foi un festival especialmente ameno grazas ás actuacións por grupos dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que nos cantaron a ritmo de rap as súas rimas pacifistas. 

Premede aquí para ver o resto das fotos.


DÍA DA PAZ

 

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro foi o Día Internacional da Paz. Dende a escola, seguindo coa nosa temática anual das ÁRBORES, utilizamos como inspiración para as nosas actividades a historia da nobel da Paz Wangari Mathaii que coñecimos a través do conto As árbores da paz. Unha historia verdadeira escrito por Jeanette Winter e editado por Ekaré. Neste conto relátasenos a vida desta muller que loitou por manter a cohesión social na súa aldea esquilmada pola tala insdiscriminada de árbores. Procurou frear esta deforestación e repoboar a súa aldea, pero ao mesmo tempo promoveu o traballo remunerado entre as mulleres da mesma que a axudaron na súa tarefa. Wangari foi encarcelada, pero a súa mensaxe extendeuse por toda Kenia e mesmo por moitos lugares de África conseguindo así non só repoboar as fragas e selvas de Kenia senon converter tamén o feito de plantar unha árbore nun símbolo de paz.


Pouco antes do día da paz tivemos a primeira sesión do proxecto CONTA COMIGO, que é un proxecto destinado a promover e mellorar a competenza lingüística do noso alumnado. Para desenvolver este proxecto contamos coa colaboración do grupo Contaconto  (Gelo e Vero) en cinco sesións nos meses de xaneiro, febreiro, abril, maio e xuño. Esta primeira sesión estaba adicada á Paz. Por isto, ademais de escacharnos a rir coa historia do Sapiño e a Lúa representada polas monitoras, recibimos unha árbore debuxada en papel contínuo coa palabra paz en suagili, amani, e convidáronnos a convertela na nosa particular ÁRBORE DA PAZ. A partires desa proposta os alumnos e alumnas de 4º e 5º de infantil usamos ese debuxo para elaborar un fermoso mural que primeiro pintamos con pinceis e pintura de dedos e que logo enchemos coas nosas mans estampadas e pegadas como se fosen follas. Pola súa banda os nenos e nenas de 6º fixeron a súa particular e agarimosa árbore de corazóns. Aquí tendes o resultado!



Finalmente o martes 31 celebramos este día no centro co FESTIVAL DE POEMAS POLA PAZ. Todos os niveis de todos os ciclos crearon a súa poesía e a recitaron ou leron diante dos seus compañeiros e compañeiras de toda a escola. Tamén algúns alumnos/as de primaria leron a súa poesía persoal.

Foi un festival especialmente ameno grazas ás actuacións por grupos dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que nos cantaron a ritmo de rap as súas rimas pacifistas. 



ENTREVISTA: A qué xogabas de nen@? II

DIARIO DO MANUEL MASDÍAS

SECCIÓN: ENTREVISTAS

A QUÉ XOGABAS DE NEN@?

Nº 2


 


EXCURSIÓN AO MACUF: MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE UNIÓN FENOSA

SABOROSOS SUSTOS!!

  O 25 de Xaneiro fomos de excursión ao MACUF, na cidade da Coruña para coñecer este museo e participar na actividade SABOROSOS SUSTOS.

Primeiro merendamos e logo veunos buscar unha moza moi simpática chamada Carmola para comezar a actividade.

O primeiro que nos atopamos foi unha sinistra porta con grosos continóns vermellos. Carmola contounos que alí estaba Igor, o gardián da porta e que ántes de chamar debíamos ter moi claro que nos tiñamos que portar moi ben, porque ao tal Igor non lle gustaban moito os nenos e as nenas, xa que opinaba que case sempre se portaban mal, berraban, non escoitaban, non facían caso… Así que Carmola avisounos de que debíamos, antes de nada, convencer a Igor de que lle íamos a facer caso e nos íbamos a fixar moito en todo o que alí ía acontecer.

Carmola chamou a Igor, e desúpeto!, escoitamos uns pasos terroríficos, xa pensamos que tiñamos que dar volta!! Pero ningún dos nenos e das nenas se asustou (non moito, polo menos). Igor apareceu e dixémoslle que íamos ser un grupo moi ben educado e atento. Parece que a convencemos.

Xa dentro sentamos nunhas cadeiras distribuídas ao carón de varias mesas redondas. Alí tiñamos un adhesivo esperándonos a cada un/ha con debuxos arrepiantes.

Carmola contounos que ían a representar unha obra de teatro para contarnos unha cousa que lle acontecera a ela había un tempo. Así descubrimos que Carmola era unha nena moi espelida á que lle gustaba moito ir á escola, falar cos amigos e amigas, xogar no parque, facer as fichas, … e ademais seique era unha nena moi valente: non lle daba medo ir ao dentista, nin durmir a escuras, nin tiña medo algún a monstros, vampiros ou otros seres dos contos, non tiña medo de dicir a verdade se facía unha trasnada e non se asustaba facilmente nin siquera ao baterse forte unha porta co vento. Non había nada que lle puxese medo… Bueno, case nada… Só había unha cousa pequena, casi diminuta…

Tíñalle un medo terrible aos lobos!!

Como era unha nena tan valente para todo o demais decidíu ir ver a un médico un tanto particular para  que a axudara a superar ese medo que a facía escapar só con nomear a palabra lobo. O médico díxolle que o seu problema tiña fácil solución: deulle unha chocolatina coa figura dun lobo estampada e mandoulle que a comera ao chegar á casa. Así o fixo, pero nada, non notou nada de nada, así que marchou para a cama algo decepcionada.

Sen embargo, cando por fin consigueu conciliar o sono o que empezou a soñar meteulle o medo no corpo! Púxose a soñar que estaba na súa cama, durmindo e, de súpeto, escoitou un ruído que viña do outro lado da porta. Ergueuse tremendo e deu uns pasos cara alí. Algo había, seguro, pero non sabía ben o que era. Cando se achegou de todo e veu que se trataba dun lobo case lle da un patatús!

Sen embargo sucedeu que o lobo púxose moi triste ao vela tan asustada. Estaba farto de asustar á xente, sobre todo porque el nunca mal lle fixera a persoa algunha. Estaba tan apenado que a Carmola deulle magoa e comezou a falar con el. Así se enterou da súa historia, era un lobo tirolés que vivía nun zoolóxico e lle gustaba moito bailar. Nada de oubear, perseguir animais ou papar persoas. O que a el lle gustaba era estar cos amigos e bailar. Así foi como Carmela decidiu facerse amiga súa e o lobo, contentísimo, aprenderlle a bailar.  E aínda que ao final semellou ser todo un bo soño Carmola xa non volveu ter medo aos lobos.

Por iso o seguinte que fixemos foi ao obradoiro de Chocolatinas. Primeiro escollemos nun grande panel que era o que máis medo nos daba a cada un/ha de nós dunha serie de cousas: os cairos de vampiro, as serpes, os monstros, as quenllas, os esqueletes, … Marcamos o escollido no adhesivo que tiñamos no noso sitio. Logo déronnos un vaso e un pedazo de pastilina que modelamos no interior do vaso, facendo unha base blandiña. A continuación puxemos un pedazo de plástico fino e transparente pegado á plastilina. Logo estampamos na plastilina protexida co plástico a figura que anteriormente escollemos representando o noso medo cun cuño. Finalmente botáronnos chocolate quente sobre esa figura estampada.

Mentres agardamos a que se arrefriara o chocolate subimos nun ascensor xigante á planta de arriba do museo onde vimos varias obras dunha exposición de artistas que tiña como temática central o medo. Por exemplo: un ataude que en realidade non contiña monstro algún, senon un vello tocadiscos e unha morea de discos de cantantes e compositores que xa morreron hai moitos anos.  Ou unha escultura en movemento sobre o perigo das motos e da velocidade na estrada, ou outra instalación sobre un pintor que para representar a angustia que lle deu ter tanto, tanto traballo, puxo como obra un boneco aplastado por un montón de cadros e cores.

De volta ao obradoiro zampámos a nosa chocolatina coa figura terrorífica impresa. E así tragamos o noso medo nun delicioso bocado.

Funcionará o remedio como lle funcionou a Carmola? Xa o comprobaremos... 

EXCURSIÓN AO MACUF: SABOROSOS SUSTOS

 


Un Hotel moi especial para disfrutar das vacacións...

Un hotel moi especial para disfrutar das vacacións

 

Descúbreo no parruliño

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut