Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

O GALEGO NO MASDÍAS

Felices festas!

Bo día, 

O espírito do nadal xa chegou ao Masdías e as mestras e os mestres sábeno moi ben.

Queredes comprobalo? Pinchade na imaxe e veredes a marcha que temos.

                                                      

Xa chegou o Nadal

Ola a todos e todas! 

No artigo de hoxe do blogue, deixamos dúas actividades interactivas sobre esta época.

En primeiro lugar, un abecedario con termos en galego relacionados co Nadal. Pincha na imaxe para acceder.

 

Por outra banda, tedes un xogo de pasapalabra para comprobar se o sabedes todo sobre o Nadal. Pincha na imaxe para acceder. Moita sorte!

 

BO NADAL!

25 NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Bo día!

 

Hoxe, con motivo do día contra a violencia de xénero, a comunidade educativa do CEIP Manuel Masdías participamos coa elaboración das seguintes actividades:

 

En primeiro lugar, fixemos unha versión da canción “Concordias de papel”de SÉS. O tema desta cantora coruñesa aborda a temática da violencia de xénero. Aquí tedes o resultado final. Fixádevos ben que o vídeo ten sorpresa! Premede aquí para poder velo.

 

Por outro lado, reenchemos un lazo xigante na entrada do centro coas vosas mensaxes e as dos mestres e mestras do cole. Mirade que chulo quedou! 

 

 

 

Moitas grazas a todos por colaborar nesta loita tan importante! Sodes os mellores!

 

 

 

 

O Samaín

 

 

Bo día!

Xa chegamos a semana do Samaín. Estes días celebraremos no cole esta festa tan terrorificamente divertida que é o Samaín. Aqui deixamos un pequeno texto da súa orixe para que saibades un poquiño máis sobre o Samaín e o Magosto, as dúas festas que imos celebrar este venres. 

 

Agora que xa sabedes un pouco máis espero que vos atrevades a facer algunhas das actividades e xogos que vos propoñemos a continuación. Moita sorte!

- Canto sabes sobre o Samaín? (Xogo de preguntas)

- Dossier de actividades terrorificamente divertidas.

- Actividades do Samaín con pictogramas.

  

Benvidos e benvidas!

Benvidos ao recuncho do galego!

 

Este é un espazo onde compartiremos experiencias, actividades e xogos relacionados co traballo da Lingua Galega no noso cole, entre outras moitas cousas.

Imos a estrenar o apartado coa chegada do outono. Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñemos estes recursos para que podades traballar e coñecer un poquiño máis desta estación na clase ou na casa. 

 

En primeiro lugar, tedes un pequeno glosario con vocabulario do outono para ter a man con pictogramas de ARASAAC. Se pinchades na imaxe podedes descargar o arquivo en pdf: 

 
 
 
Por outra banda, tedes o xogo da ruleta outonal para xogar e demostrar canto sabedes (pichade na imaxe). Ollo! De acertar todas as preguntas levaredes un agasallo. Moita sorte!
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut