Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Actividades, Adiviñas, Animación á lectura, Animación á lectura, Apadriñamentos, Biblioteca, Biblioteca, Biblioteca, Curso 2010-2011, curso 2011-2012, Curso 2012-2013, Educación Fïsica, Educación Infantil, Infantil, Inglès, Inglés, Música, Música, Orientaciön, Plan Proxecta, Primeiro ciclo, Primeiro Ciclo, Recomendámosche, Segundo Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo

AS ILLAS DE RECICLAXE DA ESCOLA

ILLAS DE RECICLAXE: Xa temos os nosos colectores do lixo no patio para a clasificación do mesmo durante os recreos.

 

Ademais temos tamén as bolsas-papeleiras para facer a mesma clasificación nas aulas.

 

ENTROIDO 2013

 

Toda a semana do Entroido tivemos que vir á escola con diferentes elementos que o Meco nos ordeou. Este ano o MECO é a Contaminación, o lixo, os residuos non reciclados, o consumo excesivo,... e todas aquelas prácticas que enferman o noso planeta Terra. Así o martes tivemos que vir con un sombreiro reciclado. O mércores foi unha paxariña ou gravata feita de materiais de refugallo o que tivemos que traer. Por último, o xoves tocou colar e pulseira orixinal e ecolóxica, xunto con todo o anterior. Desta guisa fumos aoXuizo do Meco, que interpretaron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Finalmente cada clase recitou o Testamento do que lle deixou o Meco despois de ser condeado á fogueira.

O MECO confeccionado polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria

O venres comezamos co Pasarúas do Entroido do CEIP Manuel Masdías e da Escola Infantil Galiña Azul de Caranza ao que nos acompañástedes vós, as familias e a ANPA. Fixémolo acompañados da música da canción A saia de Carolina, música da nosa comparsa deste ano. Aquí tendes a letra da canción do entroido, que compuxo toda a escola, e as fotos:

Canción do entroido

O planeta Terra é noso

nós o temos que coidar

e para iso é importante

os residuos reciclar.

Retrouso:

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

Todo ben separado

en cada colector (3 veces)

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

 

No contedor azul

reciclamos o papel

separámolo nas aulas

e no patio tamén.

Retrouso

 

No contedor amarelo

botamos plástico e latas

porque se chegan ao mar

contaminan e ata matan.

Retrouso

 

No contedor verde escuro,

Que é o que podemos tirar?

O que sobra en cada casa

e non se pode reciclar.

Retrouso

 

O que sobra das merendas

vai para o noso composteiro

e as follas do noso patio

que recolle o xardiñeiro.

Retrouso

 

O lixo que tes na casa

arende a reciclar.

Por que non recolles lixo

e aprendes a separar?

 

 

6º DE INFANTIL: DOUS RECUNCHOS DA AULA CAMBIAN NO SEGUNDO TRIMESTRE

Chegou o segundo trimestre e o RECUNCHO DO XOGO cambia, deixa de ser a CASA e convírtese na CIDADE e o TALLER

 

Tamén o cambia o RECUNCHO DOS COLARES, agora é o RECUNCHO DOS MONICREQUES. A ver que inventamos!!

 

ENTROIDO 2013

Toda a semana do Entroido tivemos que vir á escola con diferentes elementos que o Meco nos ordeou. Este ano o MECO é a Contaminación, o lixo, os residuos non reciclados, o consumo excesivo,... e todas aquelas prácticas que enferman o noso planeta Terra. Así o martes tivemos que vir con un sombreiro reciclado. O mércores foi unha paxariña ou gravata feita de materiais de refugallo o que tivemos que traer. Por último, o xoves tocou colar e pulseira orixinal e ecolóxica, xunto con todo o anterior. Desta guisa fumos ao Xuizo do Meco, que interpretaron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Finalmente cada clase recitou o Testamento do que lle deixou o Meco despois de ser condeado á fogueira.

O MECO

Este foi O TESTAMENTO que nos deixou a infantil e que rimamos nós:

3 anos

 PARA A PROFE MARIBEL INSTRUMENTOS DE PAPEL

 PARA O NOSO PROFE DE INGLÉS UN ZAPATO DO REVÉS

 PARA A QUERIDA ALEJANDRINA UNHA FERMOSA BOCINA

PARA OS NENOS DE 4 ANOS UNS PARAUGAS ANANOS

PARA O PRIMEIRO CICLO ALGÚN QUE OUTRO TRICICLO.

4 anos

PARA A PROFE LOLI ÍMOSLLE DEIXAR UN BOLI,

PARA A PROFE ROSA, UN PELUCHE DE OSA,

PARA A MESTRA LAURA, UN XOGO PARA A AULA,

A INÉS IMOSLLE DAR UN MANDILÓN DO REVÉS,

PARA OS NENOS/AS DE 5 ANOS, UN BO PAQUETE DE PANOS,

PARA OS DE 3º E 4º UN BONITO BARCO,

5 anos

A CARLOS, QUE NOS AMAÑA A ESCOLA, DEIXÁMOSLLE UN BOTE DE COLA.

 A VERÓNICA QUE NOS COIDA NO RECREO REGLÁMOSLLE UN SOMBREIRO.

A ROSANA QUE NOS DEIXA A CLASE RECHAMANTE DEXÁMOSLLE UN BRILLANTE.

Á CLASE DE 3 ANOS REGALÁMOSLLES UNHA NAVE DE MARCIANOS.

A OS DO 3º CICLO, QUE SON OS DE 5º E 6º DEIXÁMOSLLE UN ESQUELETO.

 E AGORA O TESTAMENTO DA CLASE DE 5 ANOS:

A LAURA DEIXÁMOSLLE UNHA XAULA.

A ZOE DEIXÁMOSLLE UN RATO QUE ROE.

PARA ROQUE, UN COCHE DE CHOQUE.

A MENCÍA DEIXÁMOSLLE UNHA SANDÍA.

A ISMAEL UN BARCO DE PAPEL.

A XIÁN REGALÁMOSLLE UN CAN.

A JAVI DEIXÁMOSLLE UN TRAXE DE SKY.

A NEREA QUÉDALLE UNHA BALEA.

PARA LUCÍA É UNHA PISCINA.

A YAGO DEIXÁMOSLLE UN MAGO.

A XIANA REGALÁMOSLLE UNHA PERSIANA.

A VALLE QUÉDALLE UNHA CALLE

E PARA LOLA, UNHA FAROLA.

A ÁLVARO DEIXÁMOSLLE UN CHARCO,

E POR ÚLTIMO A MERCEDES QUÉDALLE UN KILO DE PRECEBES.

O venres comezamos co Pasarúas do Entroido do CEIP Manuel Masdías e da Escola Infantil Galiña Azul de Caranza ao que nos acompañástedes vós, as familias e a ANPA. Fixémolo acompañados da música da canción A saia de Carolina, música da nosa comparsa deste ano. Aquí tendes a letra da canción do entroido, que compuxo toda a escola, e as fotos:

Canción do entroido

O planeta Terra é noso

nós o temos que coidar

e para iso é importante

os residuos reciclar.

Retrouso:

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

Todo ben separado

en cada colector (3 veces)

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

 

No contedor azul

reciclamos o papel

separámolo nas aulas

e no patio tamén.

Retrouso

 

No contedor amarelo

botamos plástico e latas

porque se chegan ao mar

contaminan e ata matan.

Retrouso

 

No contedor verde escuro,

Que é o que podemos tirar?

O que sobra en cada casa

e non se pode reciclar.

Retrouso

 

O que sobra das merendas

vai para o noso composteiro

e as follas do noso patio

que recolle o xardiñeiro.

Retrouso

 

O lixo que tes na casa

arende a reciclar.

Por que non recolles lixo

e aprendes a separar?

Despois chegou a hora de QUEIMAR O MECO e por fin degustar as deliciosas ORELLAS e LEITE agasallo da ANPA. E logo, a xogar! Unha mañá redonda!

6º DE INFANTIL: OBRADOIRO DE DISFRACES COAS FAMILIAS

Por mor do noso Proxecto Anual de Centro, CÓDIGO 3R, este entroido os nenos e nenas do Masdías ímonos disfrazar de COLECTORES DO LIXO para a clasificación do mesmo e favorecer, así, a súa posterior reciclaxe. O ciclo de Infantil escollimos disfrazarnos do COLECTOR AMARELO, PLASTICHÍN para a nosa clase de 5-6 anos. Por iso o noso traxe ten que levar o tipo de materiais que botamos neste colector, a saber: bolsas de plástico, bricks, latas, botellas de plástico, papel de aluminio, envases de chocolatinas, bolsas de galletas, de patacas fritidas, ... Así que puxémonos a pensar nenos/as, mestras e familias e fixemos un deseño que quedou bastante colorista.

Na nosa clase contamos coa inestimable colaboración de moitas familias que se achegaron o martes 5 de febreiro, pola tarde e o xoves 7 pola mañá a un Obradoido de Disfraces no que nais e nenos/as elaboraron os traxes de toda a clase. Foi unha experiencia, penso eu, moi divertida para todos e todas.

Moitísimas grazas pola vosa participación!

Aquí tendes as fotos da experiencia. Nestas fotos hai persoas que participaron pero non saen nas mesmas, as miñas desculpas por non ter sacado as fotos antes de que tiveran que marchar. 

CADA RESIDUO NO SEU SITIO: EXPOSICIÓN DE COLECTORES DO LIXO

MIÑOCAS NO PATIO

Un día os nenos e nenas de Infantil descubriron unha pequena familia de miñocas, alguns/has din que viron como nacía a pequeniña da súa nai. Foi un día de patio moi emocionante!

O TRIVIAL DOS RESIDUOS

TRIVIAL DOS RESIDUOS on PhotoPeach

DÍA DA PAZ 2013: CHOCOLATADA POLA PAZ NO MASDÍAS

 

Hoxe no Masdías fixemos unha Chocolatada pola Paz para celebrar o DÍA DA PAZ que se conmemora internacionalmente mañá 30 de xaneiro.


Pola mañá todos os ciclos fixemos unha receita que levaba como ingrediente protagonista o chocolate.


Pola tarde as familias viñeron ver a nosa exposición de receitas chocolateadas.



Logo visionamos un vídeo coas nosas fotos e cancións dos pasados festivais de Magosto-Samaín e Nadal.

A continuación bailamos a polca da Paz (premede aquí para ler a letra)


E, por fin, xa pasamos á fantástica Chocolatada con Churros cortesía da ANPA.

Para os nenos e nenas era de valde, pero as familias colaboraron con 2 €  que incluían o chocolate con churros e unha rifa. Asrifas foron para sortear a famosa MANTA SOLIDARIA que elaboraron con tanto esforzo e esmero os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Os cartos recadados tanto coas rifas como coa chocolatada servirán para financiar parte da excursión que este ano fará oterceiro ciclo de primaria.


Moitísimas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

       

 

O PATIO DE INFANTIL EN XANEIRO

XANEIRO NO PATIO DA ESCOLA on PhotoPeach

Distribuir contido


by Dr. Radut