Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Curso 2012-2013

ENTROIDO 2013

 

Toda a semana do Entroido tivemos que vir á escola con diferentes elementos que o Meco nos ordeou. Este ano o MECO é a Contaminación, o lixo, os residuos non reciclados, o consumo excesivo,... e todas aquelas prácticas que enferman o noso planeta Terra. Así o martes tivemos que vir con un sombreiro reciclado. O mércores foi unha paxariña ou gravata feita de materiais de refugallo o que tivemos que traer. Por último, o xoves tocou colar e pulseira orixinal e ecolóxica, xunto con todo o anterior. Desta guisa fumos aoXuizo do Meco, que interpretaron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Finalmente cada clase recitou o Testamento do que lle deixou o Meco despois de ser condeado á fogueira.

O MECO confeccionado polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria

O venres comezamos co Pasarúas do Entroido do CEIP Manuel Masdías e da Escola Infantil Galiña Azul de Caranza ao que nos acompañástedes vós, as familias e a ANPA. Fixémolo acompañados da música da canción A saia de Carolina, música da nosa comparsa deste ano. Aquí tendes a letra da canción do entroido, que compuxo toda a escola, e as fotos:

Canción do entroido

O planeta Terra é noso

nós o temos que coidar

e para iso é importante

os residuos reciclar.

Retrouso:

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

Todo ben separado

en cada colector (3 veces)

Reciclas no Masdías?

Reciclo si señor.

 

No contedor azul

reciclamos o papel

separámolo nas aulas

e no patio tamén.

Retrouso

 

No contedor amarelo

botamos plástico e latas

porque se chegan ao mar

contaminan e ata matan.

Retrouso

 

No contedor verde escuro,

Que é o que podemos tirar?

O que sobra en cada casa

e non se pode reciclar.

Retrouso

 

O que sobra das merendas

vai para o noso composteiro

e as follas do noso patio

que recolle o xardiñeiro.

Retrouso

 

O lixo que tes na casa

arende a reciclar.

Por que non recolles lixo

e aprendes a separar?

 

 

A MANTA SOLIDARIA

Achégase o Día da Paz e ...

a manta solidaria buscará un don@ solidari@.

O vindeiro martes 29 celebra connosco unha

"chocolatada con churros" solidaria.  

As 17:00  no salón de actos proxectaremos uns vídeos das últimas festas:

"Magosto/Samaín" e "Nadal"

Logo bailaremos tod@s xunt@s a "Polca da Paz".

Logo a "chocolatada"

E para rematar:

"sorteo da manta solidaria"

 

 

          

Día do Peón no CEIP Manuel Masdías

Día do Peón no CEIP Manuel Masdías

 

Día do Peón

Hoxe no Manuel Masdías botamos os peóns a bailar..... 

 

NOVAS DA BIBLIOTECA DA ESCOLA

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é o Día das Bibliotecas Escolares, por iso Outubro é o Mes da Biblioteca. Para conmemorar este día tan sinalado os alumnos e alumnas do Masdías van facer cadanseu Marcador de Espazo para os libros que collan da biblioteca. Deste xeito cando volvamos un libro saberemos exactamente onde ten que ir colocado para que outro neno ou nena poda levalo en préstamo de novo.

Tamén imos comezar coas Adiviñas deste curso 2012-2013, a temática, polo de agora, é un misterio... pero en breve irémosvos dando algunha pista...

Outra das actividades que se iniciarán dentro de pouco sarán os Apadriñamentos lectores do novo curso. Quen será este ano a miña madriña ou o meu padriño?... Quen será o meu afillado/a?...

BENVIDOS AO "MANUEL MASDÍAS"

 

VÉMONOS O DÍA 12 ÁS 9:00 h.

MATERIAL DIDACTICO E MATERIAIS FUNXIBLES DE USO POLO ALUMNADO NO CURSO 2012-13

Material didáctico e materiais de uso funxible polo alumnado para o curso 2012/13

 

                            

                                                                Libros                                    Material                

DÍA DA PAZ DEDICADO A WANGARI MAATHAI

 


O día 30 de Xaneiro foi o Día Internacional da Paz. Dende a escola, seguindo as coa nosa temática anual das ÁRBORES, utilizamos como inspiración para as nosas actividades a historia da nobel da Paz Wangari Mathaii que coñecimos a través do conto As árbores da paz. Unha historia verdadeira escrito por Jeanette Winter e editado por Ekaré. Neste conto relátasenos a vida desta muller que loitou por manter a cohesión social na súa aldea esquilmada pola tala insdiscriminada de árbores. Procurou frear esta deforestación e repoboar a súa aldea, pero ao mesmo tempo promoveu o traballo remunerado entre as mulleres da mesma que a axudaron na súa tarefa. Wangari foi encarcelada, pero a súa mensaxe extendeuse por toda Kenia e mesmo por moitos lugares de África conseguindo así non só repoboar as fragas e selvas de Kenia senon converter tamén o feito de plantar unha árbore nun símbolo de paz.


Pouco antes do día da paz tivemos a primeira sesión do proxecto CONTA COMIGO, que é un proxecto destinado a promover e mellorar a competenza lingüística do noso alumnado. Para desenvolver este proxecto contamos coa colaboración do grupo Contaconto  que nos acompañará en seis sesións que se desenvolverán entre xaneiro e xuño. Todos os cursos fixemos a partir desta actividades un MURAL-ÁRBORE DA PAZ entroutras actividades. Aquí tendes algúns exemplos.

Finalmente o martes 31 celebramos este día no centro co FESTIVAL DE POEMAS POLA PAZ. Todos os niveis de todos os ciclos crearon a súa poesía e a leron diante dos seus compañeiros e compañeiras de toda a escola. E mesmo algúns alumnos/as leron a súa propia poesía.

Foi un festival especialmente ameno grazas ás actuacións por grupos dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria que nos cantaron a ritmo de rap as súas rimas pacifistas. 

Premede aquí para ver o resto das fotos.


Distribuir contido


by Dr. Radut