Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

O GALEGO NO MASDÍAS

Reto do mes de xaneiro

Ola a todos e todas! 

Comezamos o ano cun novo reto, falar durante todo o día en galego. Cada mestre terá na súa aula unha táboa na que irá anotando ao final do día quen falou máis en galego. O que consiga máis puntos, será o gañador/a. Agora todos sodes os espías, estade atentos e intentádeo. Estou segura de que o faredes xenial.

Moita sorte! 


Modelo de táboa de rexistro pinchando na imaxe

O galego do mes

Ola de novo!

Veño este mes cunha boa e mala noticia. Sentíndoo moito este mes de decembro non temos reto, pero as mestras e mestres temos pensado novos retos para despois do Nadal que vos van deixar coa boca aberta. 

Por outra banda, as pancartas do mes de novembro xa están colgadas na entrada da escola cada unha coas súas fermosas palabras en galego. Aínda así, déixovos un enlace cos vídeos dos gañadores deste mes.  

 

Un saudiño 

Bo Nadal e Felices festas!

 

Reto do mes de novembro

Ola de novo!

Xa chegou o mes de novembro e iso significa, novo reto do galego do mes.

Este mes propoñémosvos unha actividade chamada "O galego para min é...". É moi doado, só tedes que pensar e completar esta frase. Cada un da clase completará a frase como máis lle guste, mostrando a importancia que ten na vosa vida o galego. 

As mestras/es gravaran as vosas respostas e entre todos os compañeiros/as da clase elexiredes a mellor frase. 

Preparados?? 

Espero ansiosa as vosas respostas... 

A por todas!!! 

Benvido outono!

O mércores 22 de setembro comezou o outono.

 

Tedes un caderno na web con vocabulario relacionado con esta estación.

Recomendamosvos botarlle un ollo antes de poñervos a proba cos distintos xogos que hai a continuación.

 

 

Xogos:

 

Xogo dos birlos con preguntas sobre o outono. 

Xogo do Dobre de outono.

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Por outra banda, anunciaros de que comezamos outra vez co noso concurso do galego do mes, deixo aquí as instruccións.

Neste mes de outubro temos un reto moi especial relacionado co outono, pincha na imaxe para descubrilo. Moita sorte e a falar galego!

 

 

SEMENTANDO PALABRAS E ENTREVISTA A XELA ARIAS

Co motivo da celebración das letras galegas o 17 de maio,  o alumnado do CEIP Manuel Masdías fixo unha homenaxe a nosa lingua. Queredes vela? Pincha na imaxe e verás todas as palabras tan fermosas que ten o idioma galego. 

Ademais, Xela Arias, a homenaxeada deste ano, deunos unha entrevista moi especial. Pulsa na imaxe e verás.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS.

Como todos os 17 de maio, celébrase o día das letras galegas. Este ano a galardoada é Xela Arias. Para saber un pouco máis sobre ela, deixámosvos estes recursos:

 

 

 

Vídeos

 

Vídeo da biografía Xela Arias 

 

Canción sobre o poema de Xela Arias "Darío a diario"

 

Telexornal sobre Xela Arias

 

 Xogos interactivos

 

Educación Infantil

 

Biografía Xela Arias co xogo dos birlos

 

Traballando Contos ao teléfono, Os homes de manteiga

 

Traballando o relato: “A fraga dos paxaros faladores”

 

Traballando un conto publicado no xornal Faro de Vigo

 

 

 Imprimibles por cursos (pincha na imaxe)

 

       Autodefinido

  

Máis recursos

 

Genially Xela Arias

 

Escape room “Descubrindo a Xela”

 

Real Academia Galega

 

 

 

O galego do mes

Ola de novo!

Xa comeza o mes de abril e con el chega un novo reto do noso concurso do galego do mes.

Pincha na imaxe para poder ver o reto do mes de abril.

 

Traballando con Rosalía...

Co motivo da celebración do Día de Rosalía, no Masdías fixemos unha exposición cos seus retratos ao máis puro estilo Andy Wharhol. Pinchade nesta imaxe interactiva onde podedes observar o bonitos que quedaron! 

Día de Rosalía

Ola a tod@s! 

Esta semana, o mércores 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Déixovos varios recursos para traballar neste día tan especial.

  

Biografía Rosalía de Castro

- Vídeo Draw my life (versión en galego)

Seminario Galán

-Presentación e xogo interactivo

-Unidades didácticas 

Xogos 

- Escape Room- Descubrindo a Rosalía de Castro

- Día de Rosalía: Este é un genially que conta con información sobre a vida de Rosalía, xogos interactivos divididos por cursos, unidades didácticas e un recompilatorio de cantos e contos. 

O Galego do mes

 

Ola a tod@s!

Pásome por aquí de novo para falarvos do no noso novo concurso, O galego do mes. 

Para participar tedes que: 

1. Intentar falar en galego o máximo posible, pois os profes estarán atentos.

2. Resolver correctamente o reto que vos propoñemos cada mes.

Intentádeo, como todos os concursos, este tamén ten premio. 

Déixovos un vídeo onde volo explica todo.

 

Este primeiro mes, o reto será resolver un rosco de pasapalabra. Tedes que contestar a todas as preguntas.

Aquí tedes os enlaces: 

Pasapalabra Educación Infantil

Pasapalabra 1º e 2º Educación Primaria

Pasapalabra 3º e 4º Educación Primaria

Pasapalabra 5º e 6º Educacuón Primaria

 

Moita sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut