Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

MUSICREQUES

17/10/2018 00:00
Europe/Madrid

 

O vindeiro mércores 17 de abril, co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, no Auditorio Municipal, ás 11:00 horas, poderemos gozar coa actuación de Musicreques.

Esperamos que os nenos e nenas o pasen fenomenal!!!

 

   

 

 

Benvidos/as ao curso escolar 2018/2019

12/09/2018 00:00
Europe/Madrid

INICIO CURSO 2018/2019

05/09/2018 00:00
Europe/Madrid

E. PRIMARIA   Mércores 12, ás 9:30 horas          

 

E. INFANTIL 
                    Alumnos/as de 5 anos ☞  
Mércores 12, ás 10:00 horas
                    Alumnos/as de 4 anos ☞   
Mércores 12, ás 10:30 horas
                    Alumnos/as de 3 anos ☞    Informarase individualmente

 

  • O servizo de Transporte Escolar funcionará coa antelación suficiente para permitir a chegada dos alumnos/as ao Colexio á hora de entrada de E. Primaria.

Durante todo o curso escolar as clases desenvolveranse en xornada normal en horario de 9:30 a 14:30 horas.

Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto

06/07/2018 12:54
Europe/Madrid

3º e 4º de Educación Primaria.

 

Relación definitiva de solicitantes admitidos no fondo solidario de libros de texto, cos libros asignados. Os libros que aparecen na listaxe serán entregados ao alumnado en setembro ao inicio das clases.

Se a persoa solicitante recibe 7 libros ( ou 6 no caso de non asistir a relixión ) non ten que comprar ningún libro de texto.

 

A listaxe está exposta na cristaleira de entrada ao colexio.

 

 

 

 

 

Relación de admitidos e excluídos nas axudas para libros e material.

26/06/2018 11:54
Europe/Madrid

Eliminouse a publicación online da relación de admitidos e excluídos nas axudas para adquisición de libros de texto e material escolar. As persoas que desexen consultar o documento poden facelo na cristaleira de entrada ao colexio

 

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2018/2019

17/06/2018 23:09
Europe/Madrid

O alumnado de 4º de Educación Infantil e o alumnado que promociona a 1º de Educación Primaria, debe formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido