Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Curso 2023/2024

XOGOS DE SAMAÍN/HALLOWEEN

08/11/2023 18:03
Europe/Madrid

 

E despois da degustación chegaron os xogos. Aquí uníuse a tradición Halloween-Samaín e, coa mazá como elemento principal, xogamos a:

Apple Bobbing.

Apples on a String.

Unha mazá nunha culler.

Carreiras cunha mazá nos xeonllos.

Carreiras cunha mazá na fronte.

 

 

DEGUSTACIÓN DAS SOBREMESAS DE SAMAÍN

08/11/2023 17:59
Europe/Madrid

Aquí están os noso nenos/as degustando e saboreando as sobremesas para poder decidirCanso.

 

 

SOBREMESAS DE SAMAÍN

08/11/2023 17:55
Europe/Madrid

Mil grazas ao alumnado e as súas familias por este derroche de imaxinación e creatividade. encheron o noso patio de sabor e Arte Culinaria. Foi complicadísimo decantarse por algunha, todas as sobremesas eran terrorificamente espectaculares.

GAÑADORES/AS CONCURSO DE SOBREMESAS

01/11/2023 19:48
Europe/Madrid

Debido ao gran número de participantes no "Concurso de sobremesas", decidimos outorgar un premio a cada clase en lugar dos dous previstos nun principio.

Moitas grazas a todos e todas:))

SAMAÍN 2023

24/10/2023 21:06
Europe/Madrid

Preme aquí se queres imprimir a etiqueta para identificar a túa sobremesa. Tamén lla podes pedir ao teu titor/a :)

"LEO LEIÑO- MAXIA TOLA E LECTORA"

20/10/2023 17:48
Europe/Madrid

                               

Hoxe tivemos maxia tola e lectora co título de "Leo Leiño".Un espectáculo que nos ofreceu a Biblioteca municipal e, que debido ao mal tempo, démoslle a benvida no noso salón Manuel Murguía. O alumnado e o profesorado participou e intaraccionou coas directoras do espectáculo. Foi tempo moi divertido, onde a lectura e o hábito lectorforon os protagonistas. Esta é a primeira actividade para celebrar o Día das Bibliotecas /24 de outubro). Seguiremos a semana que vén.

Feliz finde a todos/asVergoña

 

 

                                                                           

Distribuir contido