Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VIAXE FIN DE PRIMARIA 2013-14

00/00/
Array

PROGRAMA


Día 15/06/13 :         Cariño - Burgos - Zaragoza

  • Presentación na Parada de Buses ás 6,45 da mañá para a saída do autocar cara a Zaragoza.
  • Alomorzo en Vega de Valcarce e continuación da viaxe cara a Burgos.
  • Xantar en ruta en Burgos no hotel Cidade de Burgos e saída de novo do autocar cara a Zaragoza, con breves paradas en ruta. Á chegada ó Hotel INCA, reparto de habitaciones, cea e aloxamento. 

Día 16/06/13 :         Zaragoza - Salou

  • Almorzo no hotel á hora prevista e saída con destino Salou.
  • Á chegada  a Salou traslado ao Hotel CASPEL de 3 estrelas, reparto de habitacións e xantar. Resto do día libre.

Día 17/06/13 :         Port Aventura

  • Almorzo no hotel e traslado en autocar á hora acordada a Port Aventura.
  • Estancia de todo o día no Parque Temático e xantar dentro das instalacións.
  • Á hora acordada traslado ao hotel en autocar e cea.

Día 18/06/13:            Barcelona

  • Almorzo no hotel e á hora acordada traslado á cidade de Barcelona.
  • Visita ás partes máis emblemáticas da cidade como a Sagrada  Familia, O Parque Güell, a Plaza de Cataluña, o Poble Español, o Camp Nou, Montjuic.
  • Xantar en restaurante Terra Blava.
  • Á hora acordada traslado en metro á estación de Sants e volta en tren AVANT de alta velocidade a Tarragona e ao hotel en Salou para cear e estancia.

Día 19/06/13 :         Aquópolis La Pineda

  • Almorzo no hotel e  traslado en autocar cara ao Parque Acuático Aquopolis en  La Pineda.
  • Estancia de todo o día no parque e almuerzo no interior das súas instalacións.
  • Á hora acordada volta ao hotel en autocar e cea.  

Día 20/06/13:         Salou - Cariño

  • Almorzo no hotel e saída do autocar de regreso cara a Cariño.
  • Breves paradas en ruta. Xantar  no Hotel Ciudad de Burgos.
  • Visita á cidade e saída cara a Cariño.
  • Cea en Vega de Valcárcel.



Paseo pola contorna de San Xiao

00/00/
Array

O xoves 13 de xuño temos prevista unha andaina pola contorna de San Xiao. Participará o alumnado do terceiro ciclo ( 5º e 6º ).

Saída desde o colexio ás 9:45, e regreso en torno ás 14:00horas

Recomendamos ao alumnado que leve roupa e calzado axeitado para camiñar polo monte.

Información sobre a ruta: sitio web do Concello de Cariño

Libros de texto e outros materiais para o curso 2013-2014

00/00/
Array

Libros de texto e outros materiais curriculares para o curso 2013 - 2014.

Ver a relación de libros en formato PDF.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO NO CURSO 2013/14

00/00/
Array

Ata o 3 de xullo estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.
As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na conserxería do centro ou premendo aquí, e débense entregar en secretaría no prazo indicado.
Terá dereito ás axudas o alumnado de E. Primaria que teña unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2011 segundo as seguintes contías:

  • Familias monoparentais:
  • Ingresos ata 6.000 €: 170 €
  • Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €
  • Resto das familias:
  • Ingresos ata 5.400 €: 170 €
  • Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €

Considéranse membros da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

Para calcular a Renda per cápita, súmanse os recadros 455 e 465 da Declaración da Renda de 2011 e divídese polo número de membros da unidade familiar. No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar. Computan por dous os membros que figuren na solicitude e teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro a 31 de decembro de 2011, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe do Servizos Sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.  
  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

MOI IMPORTANTE:

Segundo recolle o Artigo 10.1 da ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario:

"O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirir á persoa que lle anticipe o importe do vale, nin que lle entregue o vale antes da recepción dos libros. O solicitante nunca deberá asinar e entregar o vale antes da recepción do material. A sinatura do vale e a súa entrega implica a súa conformidade cos libros e material escolar entregados."

Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.

Impreso de solicitude

Rosalía

00/00/
Array

Vídeo "Coñecemos a Rosalía"

imaxe do vídeo Coñecemos a Rosalía

Este vídeo foi elaborado polas alumnas e alumnos de primeiro , como actividades de animación á lectura poposta desde a biblioteca, co gallo do 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".

ANIMACIÓN ALUMNOS/AS DE 6º

00/00/
Array

Con motivo do 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos", unha das obras máis importantes da literatura galega, o alumnado de 6º curso quixo render a súa particular homenaxe a Rosalía de Castro e, mesturando poesía, vídeo e imaxinación, elaboraron unha curtametraxe sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Fai clic

Distribuir contido