Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Resumo do trimestre

00/00/
Array

Este trimestre a biblioteca do noso colexio estivo un pouco “revolucionada” pois no mes de abril celebramos a SEMANA DA PRENSA e tamén a SEMANA DO LIBRO.
Para a primeira tivemos o privilexio de contar cunha xornalista da RTVG, Isabel Vázquez, que nos veu falar do seu traballo. Tanto no nivel de E.I. coma no de E.P. estivo moi acertada a súa charla pois adaptouse ás distintas idades. Como remate da súa visita agasallou aos rapaces cun balón de baloncesto asinado por Pau Gasol.
Ademais para esta semana está a saír un xornal feito por nós con papel orixinal, é dicir , do tamaño dun xornal de verdade.Chamarase LA VOZ DE CARIÑO.

Para a SEMANA DO LIBRO estivemos xogando ás adiviñas durante a semana anterior e os/as que participaron tódolos días e acertaronnas todas levaron como agasallo un libro.Á semana seguinte (na que se celebrou o Día do Libro) fixemos lecturas dramatizadas na biblioteca durante os recreos, para E.P., e nunha sesión lectiva para E.I. Para estas lecturas contamos coa colaboración de rapazas de 5º e 6º(Uxía, Noelia Quiza, Elsa, Sara) e as profesoras de E.I.

Estas lecturas tiveron bastante público para ser no recreo e a primeira vez que as faciamos.Grazas a todos/as por asistir e colaborar. E como non, tamén aos profes por “prestarnos”a estas alumnas durante a dramatización feita para E.I.