Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021

03/02/2020 20:44
Europe/Madrid

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA

PRAZO: DO 1 AO 17 DE FEBREIRO DE 2020

O vindeiro 1 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/21.

O alumnado que xa está matriculado no colexio no presente curso 2019/20 non ten que realizar este proceso, agás o alumnado de 6º de Educación Primaria.

O alumnado que iniciará a escolarización en 1º da ESO no vindeiro curso 2020/21 deberá realizar a reserva de praza presentando a solicitude no colexio ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado-solicitudes-reserva-crear).

Para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) abrirase posteriormente un prazo para a admisión, non necesitando facer agora a reserva de praza.