Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

O misterio do dous seis un

27/02/2019 09:12
Europe/Madrid

dous seis unDurante esta última semana no colexio apareceron unhas marcas moi raras co número 261, despois de días investigando os carteis das portas, os adhesivos dos corredores e as pinturas no chan co 261...atopamos a resposta ao misterio!!!

Parabéns a Hugo de 3º e Alba de 6º por investigar e explicar o misterio. Recibirán como premio a camiseta do 261.

Parabéns tamén a Kathrine Switzer, a corredora que levou ese dorsal, por demostrar, unha vez máis, que non se poden poñer límites á igualdade.

Qeres coñecer a orixe do misterio?

O número 261 representa o primeiro dorsal que levou unha muller na maratón de Boston. Non foi a primeira muller en correr a proba, pero si a primeira en levar un dorsal oficial. Kathrine Switzer non o tivo dodao , sabes por que?

Coñece a historia facendo click nas ligazóns.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Kathrine_Switzer

Ou neste vídeo de youtube https://youtu.be/oCSuxqlnFig

 

 Comezamos o misterio do 171 ?