Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/18

00/00/
Array

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión do alumnado para o curso 2017/18, a partires do vindeiro 1 de marzo e ata o 20 de marzo, inicianse os trámites do devandito procedemento.

Alumnado ao que vai dirixido:

  •   4º de E. INFANTIL: NENOS/AS NACIDOS/AS EN 2014 (25 prazas vacantes)
  •   1º de E. PRIMARIA: NENOS/AS NACIDOS/AS NO ANO 2011(28 prazas vacantes)
  •   ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS.

 

Procedemento:

A solicitude pode presentarse mediante formulario normalizado que será facilitado gratuitamente nas oficinas do colexio, ou que se pode descargar desde esta páxina web ou desde o sitio oficial da Consellería de Educación. Tamén será posible a presentación online a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal ) ou a plataforma de admisión do alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ).


Documentación que deberá achegarse coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo similar do requisito de idade do/a alumno/a.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o nivel educativo ou etapa (alumnado procedente doutro centro).
  • Certificado de inclusión no padrón municipal de habitantes (alumnado de novo ingreso).
  • Dúas fotografías tamaño carné.


Deberán manifestar na solicitude se desexan ou non utilizar o servizo de transporte escolar e tamén deberán indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando, se fose o caso, a documentación que o acredite).

Toda a documentación deberá ser entregada nas oficinas do colexio (en caso de non facelo online).


Fomularios para imprimir.

Documento en galego.

Documento en castellano.

 

Nota informativa.

Documento en pdf

 

Referencias lexislativas:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro , DOG 26 decembro 2012
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.html

ORDE do 12 de marzo de 2013, DOG 15 de marzo 2013
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html

CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de marzo de 2013, DOG 24 de abril 2013
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130424/AnuncioG0164-190413-0001_gl.html

ORDE do 25 de xaneiro de 2017, DOG 1 de febreiro 2017
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.html